borda|miniatura|350x350px|Albino, sentado, con tres compañeiros recuperándose das feridas de guerra en Valencia en 1937
Albino González González, nado en San Miguel de Mones (Petín) o 18 de novembro de 1915 e finado en Castelló de la Plana en 1981, foi un exiliado español deportado aos campos de concentración nazis.
Traxectoria Loitou no exército da República. Foi ferido en Irún e cando se recuperaba en Valencia coñeceu á que anos despois sería a súa muller: María Gómez, que daquela tiña 16 anos.
Exilio en Francia Exiliado en Francia no 1939, Albino foi recluído no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Pertenceu ás Compañía de Traballadores Estranxeiros nº 63, formada no campo de Septfonds en setembro de 1939, e nº 192 , con destino no departamento de Loir e Cher. Cando a Wehrmacht invadiu Francia Albino marchou a París, onde foi detido en xullo de 1940.
Internamento en Mauthausen Apresado polo alemáns, pasou a ser un apátrida, un triángulo azul, sendo deportado a Mauthausen o 3 de abril de 1941, co número 4049, procedente do Stalag XII D en Tréveris.
Desde o campo central foi transferido, seguramente en 1943, ao Kommando localizado no mosteiro de Sankt Lambrecht, no sur de Austria, onde tamén estaba outro deportado ourensán, Joaquín Balboa. Foi liberado o 8 de maio de 1945. Despois de dous anos en Francia, en Nègrepelisse, en 1947 regresou a España, casando con María. miniatura|Declaración de refuxiado en 1940 na CTE
Correspondencia Ao comezo do seu internamento en Argelés, enviou algunhas cartas á súa moza, María Gómez Torres, a través da Cruz Vermella, que segundo o seu fillo María acabou queimando. Dende entón, ela non volveu saber nada del ata que o 6 de agosto do 1945 recibiu unha carta de Albino na que lle informaba:
O fillo da parella, o crítico literario, escritor e tradutor Xesús González Gómez, compilou vinte e seis das cartas que o seu pai lle enviou á súa nai no volume Cartas a la noviaCartas a la novia (2008). Edicions Documenta Balear .
Vida posterior Albino e María refixeron a súa vida na Rúa, onde sempre o trataron de comunista. O primeiro 14 de abril que pasou de volta en Galicia, a Garda Civil foi buscalo para recluílo no Cuartel, por mor de ser o aniversario da proclamación da Segunda República.
Foi socio de Xosé Quiroga Suárez nunha fábrica de chocolate, "Chocolates H. Granell", e era propietario da tenda de ultramarinos "O Queixeiro". No ano 1966 emigraron a Barcelona. Nos últimos anos da súa vida tentou que os Estados alemán e español o indemnizaran pola súa estadía no campo de concentración, petición que só respondeu Alemaña.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.
Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Personalidades da guerra civil española Categoría:Nados en Petín Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes