El otro barrio é un filme español dirixido por Salvador García Ruiz.
Sinopse Ramón Fortuna, orfo de pai, é un mozo de ten quince anos, que vive con súa nai e con súa irmá nun humilde piso no barrio madrileño de Vallecas. Unha tarde na que está só na casa invita ao seu amigo Valentín, que trae con el á súa noiva, Jessi, e dispóñense a ver unha película. Cando Ramón intenta abrir unha lata de conservas, sen querer, co gume da tapa da lata, ségalle o pescozo ao seu amigo que nese intre se atopaba ao seu carón, ficando sen sentido no chan. A noiva ponse histérica e acábase tirando polo balcón escapando do Ramón. Ademais, ao intentar irse do lugar é parado por un veciño que acaba matando dun golpe.
Logo intérnano nun centro canda outros rapaces con problemas, onde se fai amigo dun compañeiro chamado Anibal (Alberto Ferreiro). O seu avogado é un antigo amigo da familia, Marcelo, quen se fai cargo do caso só por axudar, aínda que, para o avogado, retornar ao barrio onde se criou significa enfrontarse cun pasado que non lle gusta recordar, un amor perdido no tempo e o descubrimento dun segredo que debe saír a luz. Marcelo acababa de mudarse dende Barcelona coa súa dona e un fillo dun ano.
Ramón finalmente é declarado inocente.
Elenco Álex Casanovas ... Marcelo Jorge Alcázar ... Ramón Alberto Ferreiro ... Aníbal Pepa Pedroche ... Gloria Empar Ferrer ... Nai Mónica López ... Sara Guillermo Toledo ... Vicente Joaquín Climent ... Pai Ana Lucía Billate Rocío Calvo Cristina Camisón Dafne Fernández Ana Frau
Comentarios É a segunda película do director Salvador García Ruiz, tras Mensaka. Esta baseada nunha novela homónima de Elvira Lindo. Presentouse no Festival de Cine de San Sebastián 2000.
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua castelá