A ictioloxía é unha rama da zooloxía dedicada ao estudo dos peixes. Esta inclúe os Osteichthyes (peixes óseos), os Chondrichthyes (peixes cartilaxinosos) tales como a quenlla e a raia e os Agnatha (peixes sen mandíbula). Estímase que hai ao redor de 25.000 especies descritas e que cada ano son descritas oficialmente 250 novas especies. A dificultade na clasificación radica na gran variedade que alcanzaron durante o proceso evolutivo e a accesibilidade dos humanos ao medio acuático. Por outra banda, a ictioloxía ademais ocúpase da bioloxía e do comportamento dos peixes. Así mesmo, está estreitamente ligada coa limnoloxía e a oceanografía.miniatura|Representación dun peixe nun mosaico hispanorromano de Emerita Augusta|centro
Fuente y licencia
Basado en: Wikipedia — Ictioloxía · historial de autores.
Texto: CC BY-SA 4.0.
Información sobre la adaptación
Se eliminó la sintaxis wiki y las plantillas; los textos largos se abreviaron.