A economía de Iraq caracterízase por unha forte dependencia da exportación de petróleo e por acentuar un desenvolvemento dirixido por organismos centrais. Antes do inicio da guerra contra Irán en setembro de 1980, o futuro da economía iraquí era brillante. A produción de petróleo alcanzara o nivel de 3,5 millóns de barrís por día e os ingresos do petróleo sumaban 21.000 millóns de dólares en 1979 e 27.000 millóns de dólares en 1980. Ao comezar a guerra, Iraq acumulara aproximadamente 35.000 millóns de dólares en reservas de divisas.
Guerra Irán-Iraq A guerra entre Irán e Iraq esgotou as reservas de divisas de Iraq, destruíu a súa economía e deixou ao país unha débeda externa superior aos 40.000 millóns de dólares. Despois do fin do conflito, as exportacións de petróleo empezaron a subir, aos poucos, grazas á construción de novos oleodutos e á restauración das instalacións destruídas.
Presente Os últimos anos, a mellora das condicións de seguranza do país e o progresivo retorno dos investimentos teñen axudado a dinamizar a economía, especialmente nos sectores de enerxía, construción civil e comercio. Un crecemento económico máis duradeiro, unha saúde fiscal de longo prazo e unha mellora xeral do padrón de vida dependerán da aprobación, polo goberno central, de importantes políticas de reformas.
Notas