A AG-11 ou autovía do Barbanza é unha autovía da Rede de Autonómica de Estradas de Galicia que une os concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. A autovía xurdiu do desdobramento da antiga VG-1.1, a cal estaba soportando unha grande intensidade de tráfico e era considerada pouco segura. A concesionaria para a súa construción e mantemento é Sacyr Concesiones, pertencente ó grupo Sacyr Vallehermoso.

Foi inaugurada o 14 de decembro de 2008 desde Padrón ata Rianxo, e entre Rianxo e Santa Uxía de Ribeira a mediados de abril de 2009. En Padrón conéctase coa N-550 contando ademais cun ramal de conexión coa AP-9 que posibilita tamén tomar a variante de Padrón da N-550 inaugurada no ano 2015Pastor asiste a la puesta en servicio la Variante de Padrón (N-550), en A Coruña Ministerio de Fomento. Consultado o 16/10/2015 ..

Trátase dunha autovía con peaxe na sombra.

Intensidade media diaria Os datos de intensidade media diaria do tráfico de vehículos en 2023 publicados pola Xunta de Galicia son: +kmIMD% pesadosAcceso máis próximo014.7165,7Saída 0 Padrón N-550 AP-9212.5665,7Saída 1 Lestrobe AC-305512.6245,9Saída 4 Laíño DP-33021011.8696,1Saída 10 Bexo AC-3051117.0627,3Saída 11 Catoira Pontevedra AC-5531717.8406,7Saída 17 Rianxo DP-72021918.3686,4Saída 19 Taragoña DP-72042514.0127,0Saída 24 Boiro Polígono Espiñeira DP-11053113.3216,8Saída 31 A Pobra do Caramiñal AC-3053411.2536,1Saída 34 Polígono da Tomada AC-3023810.2925,9Saída Ribeira Polígono de Xarás AC-550

Notas

AG-11 Categoría:Estradas da provincia da Coruña