A autovía do Cantábrico (A-8) e autoestrada do Cantábrico (AP-8) é unha vía terrestre de dobre calzada e sentido que se estende ao longo do norte de España paralela á costa do mar Cantábrico que comeza en Bilbao na unión da AP-8 coa AP-68 e remata en Baamonde (provincia de Lugo) onde liga coa A-6. Ten unha lonxitude de 486 quilómetros. Na Rede de Estradas Europeas ten a denominación E-70.
A partir de Bilbao a autoestrada AP-8 pasa a denominarse A-8 (non ten peaxe) e continúa cara a Galicia pasando por Santander, Xixón e Avilés, na rolda de Xixón conecta coa AS-I (autovía Mineira) que comunica con Langreu, Mieres e León. Tamén na circunvalación xixonesa conecta coa AS-II (autovía Industrial) novo eixo de comunicación entre Xixón e Oviedo. Nos arredores de Xixón está o nó de Serín que conecta coa A-66 en dirección Oviedo e León. Fai a circunvalación de Navia e atravesa a ría de Ribadeo pola ponte dos Santos. En Vilalba liga coa autoestrada Vilalba-As Pontes-Ferrol. Termina en Baamonde desembocando na A-6 entre A Coruña e Lugo.
Tramos Denominación Tramo Estado (2015) Quilómetros Bilbao - Solares (S-10) En servizo 86 Solares - La Encina En servizo 13,5 La Encina - Torrelavega (A-67) En servizo 14,5 Torrelavega - Unquera En servizo 45 Unquera - La Franca En servizo 5,2 La Franca - Pendueles En servizo 7,8 Pendueles - San Roque En servizo 5,5 San Roque - Llanes En servizo 5 Llanes - Villaviciosa En servizo 61 Villaviciosa - A-64 En servizo 4 A-64 - Xixón (AS-1) En servizo 19 Xixón (AS-1) - Xixón (A-66) En servizo 11,5 Xixón (A-66) - Tamón En servizo 6 Tamón - Villalegre En servizo 8,8 Villalegre - Vegarrozadas En servizo 7,6 Vegarrozadas - Soto del Barco En servizo 7 Soto del Barco - Muros de Nalón En servizo 4,5 Muros de Nalón - Las Dueñas En servizo 8,8 Las Dueñas - Novellana En servizo 7,3 Novellana - Ballota En servizo 3,8 Ballota - Cadavedo En servizo 6 Cadavedo - Otur En servizo 13,5 Otur - Villapedre En servizo 9,5 Villapedre - Navia En servizo 3 Variante de Navia En servizo 6,3 Navia - Tapia de Casarego En servizo 12,4 Tapia de Casarego - Barres En servizo 5,8 Barres - Ribadeo En servizo 5 Ribadeo - Reinante En servizo 9,5 Reinante - Barreiros En servizo 7,7 Barreiros - Vilamar En servizo 4,6 Vilamar - Lourenzá En servizo 4,6 Lourenzá - Mondoñedo En servizo 2,5 Mondoñedo - Lindín En servizo 7,5 Lindín - A Carreira En servizo 9,3 A Carreira - Abadín En servizo 5,5 Abadín - Castromaior En servizo 5,8 Castromaior - As Touzas En servizo 6,6 As Touzas - Vilalba En servizo 8,5 Vilalba - Regovide En servizo 5 Regovide - Abeledo En servizo 5 Abeledo - Baamonde (A-6) En servizo 4,8
Historia No ano 2014 produciuse un accidente multitudinario no Alto do Fiouco, a causa da néboa, morrendo unha persoa. Dende entón sofre cortes periódicos na zona.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos N-634
A-08 A-08 Categoría:Estradas da provincia de Lugo