O oco poplíteo, comunmente chamado sofraxe, é unha rexión anatómica do membro inferior humano situada detrás do xeonllo, entre a coxa e a perna. É un espazo romboidal con catro límites e un contido.

Límites Supero-externo: Músculo bíceps crural. Supero-interno: Músculos semimembranoso e por riba o semitendinoso. Infero-externo: Músculo gastrocnemio externo e plantar delgado. Infero-interno: Músculo gastrocnemio interno.

Contido De profundo a superficial (anterior a posterior): Ligamento posterior do xeonllo Arteria poplítea, ramo terminal da arteria femoral superficial. Vea poplítea, que desemboca na vea femoral. Nervio ciático-poplíteo externo Vea safena externa ou maior, que desemboca na vea poplítea.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fémur Xeonllo Papo da perna

Categoría:Anatomía rexional