José Agustín Goytisolo Gay, nado en Barcelona o 13 de abril de 1928 e finado na mesma cidade o 19 de marzo de 1999, foi un escritor catalán con formación bilingüe catalán/castelán, irmán dos tamén escritores Juan Goytisolo e Luis Goytisolo.
Traxectoria Pertenceu á chamada Xeración dos 50 canda escritores como Ángel González, José Manuel Caballero Bonald, José Ángel Valente e Jaime Gil de Biedma, que teñen en común o compromiso moral ou político e unha renovada atención á linguaxe e á lírica.Xeración do 50 no portal de poesía Versoados
Segundo Manuel Vázquez Montalbán, a poesía de Goytisolo, non foi só unha proposta ideolóxica limitada a dar unha alternativa ao capitalismo franquista, senón que aspira á construción dun novo humanismo: O teu destino está nos demais o teu futuro é a túa propia vida a túa dignidade é a todos proposta de reconstrución da razón humana.
Vida Naceu no seo dunha familia burguesa e castelán-falante, que se viu brutalmente sacudida pola morte da nai -Julia Gay- vítima dun bombardeo franquista sobre a cidade en 1938. O dramático feito afectou a todos os fillos, pero especialmente a José Agustín, que lle puxo á súa filla o nome da nai perdida, e que nun dos seus máis célebres poemas (musicado e cantado por Paco Ibáñez ou Los Suaves), "Palabras para Julia".
Obras El retorno 1955 Salmos al viento 1956 Claridad 1959 Años decisivos 1961 Algo sucede 1968 Bajo tolerancia 1973 Taller de Arquitectura 1976 Del tiempo y del olvido 1977 Palabras para Julia 1979 Los pasos del cazador 1980 A veces gran amor 1981 Sobre las circunstancias 1983 Final de un adiós 1984 Como los trenes de la noche 1994 Cuadernos de El Escorial 1995 Elegías a Julia Gay 1993
Antoloxías Poetas catalanes contemporáneos 1968 Poesía cubana de la Revolución 1970 Antología de José Lezama Lima Antología de Jorge Luis Borges Los poemas son mi orgullo, antoloxía poética. Edición de Carme Riera (editorial Lumen, 2003)
Traducións Realizou importantes traducións do italiano e o catalán ao castelán. Traduciu, entre outros, a Cesare Pavese, Pier Paolo Pasolini, Salvador Espriu e Pere Quart.
Galardóns Premio Adonais en 1954 Premio Boscán en 1956 Premio Ausias March en 1959
Notas
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Tradutores de España Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Premio Creu de Sant Jordi