Santiago de Ferroi é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 201 habitantes, deles 98 eran homes e 103 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Historia As noticias documentais están relacionadas coa pertenza a esta parroquia dunha parte dos termos de Alvarín, Tosende e Lázare. No ano 1178, o rei cédelle á condesa Tareixa cinco igrexas no territorio de Pallares, entre elas a de Santiago de Ferroi. O papa Lucio III, por pedimento do bispo Rodrigo II, por bula do 2 de agosto de 1185, confírmalle á igrexa de Lugo a posesión das súas terras, entre elas esta freguesía.

O templo parroquial é relativamente recente, pero conserva elementos da antiga fábrica románica.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Ferroi

Parroquias de Guntín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Guntín

Ligazóns externas As parroquias de Guntín na web do concello

Categoría:Parroquias de Guntín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior