Henry Alfred Kissinger, nado Heinz Alfred Kissinger en Fürth (Baviera) o 27 de maio de 1923 e finado en Kent (Litchfield, Connecticut) un século despois, o 29 de novembro de 2023, foi un diplomático estadounidense que tivo un papel importante na política estranxeira dos EUA entre 1968 e 1976.

Traxectoria miniatura|200px|Henry Kissinger En 1938, debido ás persecucións antisemitas na Alemaña nazi, emigra cos seus pais para os EUA, obtendo a cidadanía estadounidense o 19 de xuño de 1943.

Despois de servir na segunda guerra mundial, fixo o seu doutoramento pola Universidade Harvard en 1954, onde se converteu imediatamente en instrutor na mesma universidade. Despois dalgúns anos, obtivo o título de catedrático.

Kissinger foi conselleiro para a política estranxeira de tódolos presidentes dos Estados Unidos de Eisenhower a Gerald Ford, e mais foi o secretario de Estado, conselleiro político e confidente de Richard Nixon.

En 1973 gañou, con Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz, polo seu papel na obtención do acordo de cesamento do fogo na Guerra de Vietnam. Le Duc Tho rexeitou o premio.

Henry Kissinger estivo envolto nunha intensa actividade diplomática con China, Vietnam, a URSS e cos países de África. Algúns dos críticos de Kissinger acusárano de cometer crimes de guerra durante a súa longa estadía no goberno, como de dar luz verde para a invasión indonesia de Timor (1975), ou de apoiar os golpes de estado en Chile e o Uruguai (1973); ditos críticos son, entre outros, o xornalista Christopher Hitchens (no libro The Trial of Henry Kissinger) e o analista Daniel Ellsberg (no libro Secrets). Malia que esas alegacións non teñen sido probadas nunha corte de xustiza, considérase perigoso para Kissinger entrar en diversos países de Europa e de América do Sur.

Obras Nuclear Weapons and Foreign Policy (1957) A World Restored (1957) The White House Years (1979) Years of Upheaval (1982) Diplomacy (1994).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Holger Klitzing: The Nemesis of Stability. Henry A. Kissinger's Ambivalent Relationship with Germany. WVT, Trier 2007, ISBN 978-3-88476-942-3. Robert D. Schulzinger: Henry Kissinger. Doctor of diplomacy. Columbia Univ. Pr., Nova York 1989, ISBN 0-231-06952-9.

Categoría:Membros do Gabinete Executivo dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Fürth Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel de Alemaña Categoría:Premio Carlomagno Categoría:Finados en 2023