Santa Baia das Maus de Salas é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2020 tiña 34 habitantes, dos cales 20 eran homes e 14 mulleres.

Topónimo A orixe do topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII.

Outra teoría sobre a orixe do topónimo deriva do feito de que no Antigo Réxime o termo da parroquia foi unha posesión eclesiástica de mans mortas, dependente da encomenda de Quiroga da Orde de San Xoán: o actual Maus derivaría do latín manus.

As Maus na literatura popular As mociñas, as de Maus,/ cando van ó fiadeiro/ collen ó pai polas barbas:/ curre pra aiquí, meu carneiro! Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 47. Santa Baia das Maus de Salas, parroquia do concello de Muíños..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares das Maus de Salas

Parroquias de Muíños

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muíños

Categoría:Parroquias de Muíños Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía