miniatura|200px|Lorenzo Langstroth. Lorenzo Lorraine Langstroth, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 25 de decembro de 1810 e finado o 6 de outubro de 1895, foi un apicultor estadounidense.

Traxectoria Graduado en Yale en 1880, traballou alí ata 1834-1835. Foi o pastor de varias igrexas de Congregacións en Massachusetts, en 1848 converteuse en principal dunha escola das señoras novas en Filadelfia.

Desde 1858 viviu en Oxford, Ohio, na súa residencia, e dedicou o seu tempo á apicultura. Inventou a colmea de cadro móbil, e patentouna en 1852, esta tivo unha difusión practicamente mundial. A mesma leva o seu nome Colmea Langstroth.

Tamén descubriu o espazo abella, que é o lugar polo cal as abellas transitan entre os cadros e na colmea. Non respectar este espazo fai que a abella o encha con própole. Nunca debe ser menor a 5 milímetros, porque o encherá con própole, nin maior a 9 milímetros porque construirá panal de cera. Foi un dos primeiros apicultores en recibir e vender nos Estados Unidos a abella italiana (Apis mellifera ligustica), describindo as bondades produtivas desta raza.

Obra Os seus libros son pioneiros no mundo, foron traducidos a moitos idiomas. Existe unha grande evolución entre a primeira e segunda obra do autor. A primeira obra ten 40 edicións ata o de agora.

Langstroth on the hive and the honey-bee; a bee keeper's manual. Hopkins, Bridgman, Northampton (1853). A practical treatise on the hive and honey-bee (1863).

Véxase tamén Outros artigos Abella melífera Abella mestra Apicultura Apis mellifera Cera Cera estampada Colmea Langstroth Panais de cera

Ligazóns externas Movable-Comb Hive, United States Patent No. 9,300, Issued: 5 de outubro de 1852 Beehives and beekeeping Cultura Apícola. Lorenzo Langstroth Cultura Apícola. Libros de Langstroth

Categoría:Apicultura Categoría:Nados en 1810 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Finados en 1895 Categoría:Pastores protestantes dos Estados Unidos de América