O grupo das Mamanuca en Fiji é un arquipélago volcánico situado ao oeste de Nadi e ao sur das Illas Yasawa. O grupo, é un popular destino turístico, consta dunhas 20 illas, pero aproximadamente 7 destas son cubertas polo océano Pacífico coa marea alta. Malololailai é o centro da industria do turismo na Mamanucas.

As Illas Mamanuca, fronte á costa de Denarau ofrecen augas cristalinas, praias de area branca bordeadas de palmeiras e arrecifes de coral vivo. Hai illas, vilas, complexos turísticos para visitar, mergullar e nadar.

Illas

Illas da cadea de Mamanuca, non todas están habitadas, inclúense:

Beachcomber Eori Kadavulailai (Bounty) Kadomo Malolo Malololailai Mana Manu Matamanoa Modriki Monu Monuriki Namotu Nautanivono (Yadua) Navadra Navini Qalito (Castaway) South Sea Tavarua Tavua Tokoriki Treasure Vomo Yanuya

Actividades O porto de Denarau é a porta de entrada á Mamanuca e Yasawa. Pódense facer excursións dun día de Denarau ás Illas Mamanuca ou coller un complexo para aloxarse durante a noite. As actividades que se poden facer nas Mamanucas son a vea, natación, mergullo, caiac, vistas do coral en semi-somerxibles, mergullo, natación con quenllas nos arrecifes, wíndsurf, sendeirismo, visitas ás vilas, minigolf e descubrir novas praias solitarias.

Véxase tamén

Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas de Fiji