A Torre é un lugar da parroquia de Matasueiro no concello coruñés de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 15 habitantes (6 homes e 9 mulleres).
Trátase dun pequeno núcleo de 7 ou 8 casas situado ao carón da igrexa parroquial. Alí atópanse as ruínas dunha fortaleza medieval, chamada polos veciños A Torre Grande e tamén Torre dos mouros e que aínda conserva un arco de estilo gótico.
Lugares e parroquias Lugares de Matasueiro
Parroquias de Outes
Categoría:Lugares de Outes