Claudio Luís Pato Díaz, nado en Ourense o 24 de agosto de 1962, é un poeta galego.
Traxectoria Participou en diversas publicacións colectivas xunto co Grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid. Colaborou nas revistas Dorna, Madrygal e Loia. Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, organización da que é membro.
No ano 2009, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, participou no proxecto de acción poética, "A Revolta das Letras" en Santiago de Compostela.
Obra Poesía Se o bruído e o amonal na casa das abellas. 1991. Libro de Xacobe. 1992. O almorzo do pintor de iconos Andrei Rublev. Xerais, 1997. Unha vida de traballo nos bosques do cánabo. Xerais, 2002. Como estás?. Estaleiro editora, 2011. Draga, 2018. corona* e a inxunción das n articulacións (libres), Saurobuks, 2022. Obras colectivas Comercial. Poesía galega en Madrid. Río Xuvia, 1998. Poetas galegos en Madrid. Ediciós do Castro, 2001. Xuro que nunca volverei pasar fame. Difusora, 2003. XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
Véxase tamén
Ligazóns externas
“As mans poden, pese ao peso da historia do patriarcado, acariñar”, entrevista en Praza Pública.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1962