miniatura|300px|Judith Butler.

Judith Butler, nada en Cleveland (Ohio) o 24 de febreiro de 1956, é unha intelectual postestruturalista e destacada pensadora feminista estadounidense. Realizou importantes achegas no eido do feminismo, da filosofía política e da ética, e foi unhe das teóricas fundacionais da teoría queer. É considerada “unha das voces máis influentes na teoría política contemporánea” e a teoría de xénero máis lida e influente do mundo. Ao longo dos anos, Butler apoiou aos movementos sociais polos dereitos LGTBQ+ e pronunciouse sobre moitos temas políticos contemporáneos, incluíndo o sionismo, a política israelí e os seus efectos no conflito palestino-israelí. Na actualidade é membro do Consello Asesor de Jewish Voice for Peace e no seu comité para a Liberdade Académica e na xunta do Center for Contitutional Rights en Nova York.

Traxectoria En 2010, era profesora do departamento de retórica e literatura comparada da Universidade de Berkeley é profesora da European Graduate School.Judith Butler Faculty page @ European Graduate School

É autora de O xénero en disputa (1990) e Corpos que importan (1993). Ambos os libros describen o que se coñece como teoría queer.

O movemento queer encarna o desexo de superación das limitacións do tradicional activismo do movemento LGBT. Principalmente nos Estados Unidos, Canadá e Inglaterra -durante os 70 e 80- as asociacións de dereitos civís do movemento LGBT produciran, a propósito, unha imaxe do gai positivo, aquel gai home, branco, profesional e de clase media. O queer propúxose acabar con este estereotipo sexista, clasista e racista das relacións ligadas á sexualidade. Estando á marxe social como unha subcultura, non moi popular mesmo no medio gai. O queer sustenta unha postura análoga á do anarco-feminismo, á loita pola igualdade entre sexos, á non violencia e á anti-homofobia. Tamén se sitúa na integridade anarquista, por ese motivo, a súa tendencia á aproximación e á constante aglutinación con algúns movementos contraculturais.

Primeiros anos e educación Judith Pamela Butler naceu o 24 de febreiro de 1956 en Cleveland (Ohio), no seo dunha familia de ascendencia xudeu-húngara e xudeu-rusa. A maior parte da familia por parte da súa avoa materna pereceu no Holocausto en Hungría. A súa nai, unha defensora da vivenda xusta, foi criada na sinagoga ortodoxa, converteuse en conservadora despois da morte do seu pai, avó de Butler, e finalmente en reformista; mentres que o pai de Butler, dentista de profesión, educouse como reformista dende o seu nacemento.

Na infancia asistiu a unha escola hebrea e a clases de ética xudía, onde á idade de 14 anos, e por sentirse interesade no debate, familiarizouse por primeira vez coa filosofía. Nunha entrevista para Haaretz recordou os problemas que tiña na sinagoga cando comezaba a introducirse neste campo: «O rabino dixo: “Falas demasiado na clase. Respondes, non te comportas. Tes que vir e ter unha titoría comigo”. Eu contestei “Está ben, xenial!” Estaba emocionada». Na súa adolescencia Butler asistiu a unha escola pública mentres continuaba cos seus estudos xudeus.

Butler asistiu a Bennington College antes de transferirse á Universidade Yale, onde se graduou en Filosofía en 1978; doutorouse nesa mesma universidade en 1984. No mesmo ano da súa graduación en Filosofía recibiu unha Licenciatura en Artes. Pasou un ano académico na Universidade de Heidelberg como bolseira Fulbright.

Carreira profesional Foi profesora na Universidade de Wesleyan, Ohio, na Universidade Johns Hopkins, Maryland, e na Universidade George Washington (Washington D.C.) antes de incorporarse á Universidade de California, en Berkeley, en 1993. Alí traballou como directora fundadora do Programa da Teoría Crítica. Foi directora no Departamento de Retórica (1998-2003 e 2006-2007) e presidenta interina do departamento de Estudos de Xénero e Mulleres (2002 e 2003), ademais de ocupar a cátedra Maxine Elliot no Departamento de Literatura Comparada. Presidiu a Xunta do Centro de Investigación en Humanidades da Universidade de California en Irvine, foi membro do Consello Executivo da Modern Language Association e presidiu o seu comité de Liberdade Académica, do Institute for Advanced Study e da Ëcole Normale Supérieure de París. En 2002, ocupou a Cátedra Spinoza de Filosofía na Universidade de Ámsterdam e uniuse ao departamento de Inglés e Literatura Comparada na Universidade de Columbia, Nova York, como profesora visitante de Humanidades nos semestres de primavera de 2012, 2013 e 2014 coa opción de permanecer como profesora a tempo completo.

Impartiu as conferencias Wellek en Irvine, as conferencias Carpenter na Universidade de Chicago, as conferencias Watts no Museo Nobel, as conferencias Gauss en Princeton, as conferencias Messenger en Cronell, as conferencias Tanner na Universidade de Yale e a conferencia Freud na Casa Museo Freud de Viena.

Pasou a formar parte do consello editorial e do consello asesor de varias revistas académicas, entre elas JAC:A Journal of Rhetoric, Culture, AND Politics e Signs: Journal of Women in Culture and Societ; é activista e membro do Consello Directivo da agrupación Jewish Voice for Peace e no seu comité para a Liberdade Académica, que presidiu recentemente, é integrante da agrupación Profesores pola Paz Palestino-Israelí dos Estados Unidos. É membro da Sociedade Filosófica Estadounidense, dende 2007, a Academia Británica, dende 2015, e a Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias e foi nomeade Chevalier des Arts et des letters polo Ministro de Cultura de Francia no ano 2014. A Asociación de Xeógrafos Americanos concedeulle o posto de Xeógrafa Honoraria no ano 2015.

Vida persoal e activismo Butler é lesbiana, unha persoa de xénero non binario e opta polos pronomes neutros (elu). Vive en Berkeley, California, coa súa parella Wendy Brown e o seu fillo, Isaac Butler-Brown.

Nunha entrevista con The New Yorker, Butler conta que enfrontou violencia e que hai países onde non se sente segura ao viaxar. Explicou que hai dúas cuestións polas que pode recibir violencia: a súa teoría sobre o xénero e as súas publicacións sobre Palestina e o conflito político.

Na súa participación polas políticas activistas, en 2011, interveu cun informe titulado Amicus Curiae, sobre o caso da avogada chilena Karen Atala, a quen se lle privaba a custodia dos seus fillos e foi considerada a primeira e única xuíza chilena declarada publicamente homosexual.

Influencias Butler foi influenciada por Michel Foucault, a presenza de Foucault na súa obra é practicamente ubicua, dende as lecturas da Historia da Sexualidade na temperá obra El género en disputa ata o redobramento da pregunta “Que é a crítica?” e a seu singular xeito de comprender e executar a virtude. Tamén foi influenciada por Simone de Beauvoir, xa que esta inspirou as teorías do feminismo de toda a segunda metade do século XX; Monique Wittig; Luce Irigaray, quen constituíu unha intersubxectividade no ámbito propio da especialidade feminina; Jacques Lacan, polas súas grandes aspiracións literarias; e Karl Marx, quen detonou nelu unhas aspiracións no movemento queer e feminista. Algúns dos traballos que inspiraron os seus son:

Baruch de Spinoza: Ética demostrada segundo a orde xeométrica (1675) Sigmund Freud: “Duelo y melancolía” (1917); “El yo y el Ello” (1923); “El malestar en la cultura” (1930) Simone de Beauvoir: O segundo sexo (1949) J. L. Austin: “Cómo hacer cosas con palabras” (1955) Jacques Lacan: “La significación del falo” (1958) Gayle Rubin: “El tráfico de mujeres: Notas sobre la "economía política" del sexo” (1975) Jacques Derrida: Signature Event Context (1972) Michel Foucault: “La historia de la sexualidad Vol. 1” (1976); “Vigilar y castigar” (1975) Monique Wittig: “El pensamiento heterosexual” (1980) e demais ensaios que posteriormente se atoparían en El pensamiento heterosexual y otros ensayos (2006). Emmanuel Levinas: “Alteridad y trascendencia” (1999)

Tamén serviron de influencia para varios teóricos contemporáneos como Eve Sedwick, Michael Warner, Jack Halberstam, José Muñoz, Lauren Berlant, Kate Bornstein e Frece Ji-Sun Kim, entre outros.

Estilo literario A extensa difusión dos seus escritos é case inversamente proporcional á súa accesibilidade e claridade comprensiva. En principio, trátase de textos filosóficos duros, escritos nun inglés americano con numerosos idiomas, onde se detecta a forte marca hegeliana que se continúa moi criticamente, primeiro na liña do existencialismo de Jean-Paul Sartre, Simone de Beauvoir, Maurice Merleau-Ponty e logo seguindo a ruta dos posmodernos, como Friederich Nietzsche e Martin Heidegger.

Boa parte do debate que promoven os seus escritos xira arredor do peso que lle dá á sexualidade na conformación da “identidade de xénero” (como resultado da construción social) e o recoñecemento cívico-político dos individuos como sexuados binaria e compulsivamente. As afirmacións de Butler neste sentido motivaron tanto a súa aceptación incondicional como o seu acrítico rexeitamento, dividindo aos seus lectores entre fieis seguidores/as e aburridas escoitas dun discurso que sempre din o mesmo. Porén, trátase dun pensamento filosófico-metafísico complexo e desafiante, cuns argumentos e ecléctica conxunción de tradicións filosóficas que merecen atención.

Os seus libros son de densa lectura, en especial polo número de fontes que manexa, a condensación de ideas procedentes de diversas correntes e os ambiciosos obxectivos que se propón. Ademais destas barreiras intelectuais, existen tamén os impedimentos culturais que obstaculizan entender a Butler, pois o seu pensamento sacude algúns piares do pensar e obrar popular e da percepción xeneralizada do eu e do outro.

Butler elabora un pensamento crítico coa intención de dislocar as categorías dende as que habitualmente pensamos, conceptualizamos e vivimos a nosa identidade. Pon en discusión, non só os modos tradicionais no que a filosofía entendeu a “identidade” e o “suxeito”, senón tamén os modos no que o feminismo enfrontou historicamente esa herdanza e, en parte, se fixo cargo dela tomando o binarismo como fundamento último incuestionábel.

Por tanto, Butler considera que é preciso afondar ata as raíces mesmas do xiro lingüístico, as tópicas freudianas, as revisións de Lacan, a herdanza da filosofía occidental e a noción de performatividade, aos efectos de revisar o paradigma (sexista) occidental que se basea no diformismo sexual. A linguaxe crea identidades sexuais binarias, fixas e excluíntes que ignoran a fragmentación interna de clase, a cor, a idade, a relixión ou a opción sexual. Esas inscricións da linguaxe son continxentes e crean a fantasía de estabilidade e da coherencia con fins de disciplinamento social. Por iso, deben revisarse in extenso.

Obras As súas principais obras contribuíron á teoría queer, á filosofía política e postestruturalista e ó feminismo da terceira onda. Entre estas destacamos:

Actos performativos e a constitución do xénero (1988)

Nesta obra expón a súa fundamental e coñecida teoría da performatividade do xénero. Compara a identidade de xénero cunha escenificación performativa. A performatividade do xénero é igual a unha actuación de teatro, xa que se interpreta un papel: o do xénero. Polo que o individuo é un actor de xénero. A acción performativa é a acción “que crea ou representa aquelo que nomea, subliñando así o poder constitutivo ou produtivo do discurso”. Mediante a acción na sexualidade mantense a impresión de que a identidade de xénero remite a unha naturalidade. Os enunciados performativos dependen de contextos rituais e, polo tanto, de circunstancias sociais, nas que se mobilizan obrigas sociais, prácticas e artefactos que nos crean como suxeitos cunha identidade sexual.