As eleccións xerais en España de 1977 tiveron lugar o 15 de xuño dese ano. Os españois e españolas maiores de idade foron chamados ás urnas corenta e un anos despois dende as últimas eleccións celebradas en democracia durante a Segunda República, en febreiro de 1936.

Nestas eleccións o presidente do Goberno, Adolfo Suárez, nomeado polo rei Xoán Carlos I en 1976, chega ao Centro Democrático y Social, para lideralo e así crear a Unión de Centro Democrático, que gaña as eleccións quedando a poucos escanos da maioría absoluta.

Resultados Felipe González lideraba o PSOE dende 1974 e foi cabeza de lista deste partido, obtendo a segunda posición con 120 escanos. O PCE, liderado por Santiago Carrillo, obtivo o terceiro posto nas eleccións con 20 deputados. Manuel Fraga, quen fora ministro portavoz e ministro de Turismo durante os anos da ditadura de Franco e, posteriormente, vicepresidente e ministro do Interior do primeiro goberno do rei Xoán Carlos I, lidera a Federación de Partidos de Alianza Popular que, representando o franquismo ideolóxico, obtivo 16 deputados.

O Partido Socialista Popular do profesor Enrique Tierno Galván concorre ás eleccións con varios partidos que formaran parte da Federación de Partidos Socialistas, baixo o nome de Unidad Socialista, e obtén 6 escanos.

A Federación de la Democracia Cristiana, liderada por Joaquín Ruiz-Giménez non consegue ningún escano, nin tampouco a ultradereita. Non sucede o mesmo con algúns partidos nacionalistas (PNV, ERC, etc.)

Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foi:

← Eleccións xerais, 15 de xuño de 1977 → Partido Votos % Escanos Unión de Centro Democrático (UCD) 6 310 391 34,44 166 Partido Socialista Obrero Español 5 371 866 29,32 118 Partido Comunista de España 1 709 890 9,33 19 Alianza Popular (AP) 1 504 771 8,21 16 Pacte Democràtic per Catalunya (PDPC) 514.647 2,81 11 Partido Nacionalista Vasco (PNV) 296.193 1,62 8 Partido Socialista Popular-Unidad Socialista (PSP-US) 816.582 4,46 6 Unió del Centre i de la Democràcia Cristiana de Catalunya (UDC-DCC) 172.791 0,94 2 Esquerra de Catalunya (EC) 143.954 0,79 1 Euskadiko Ezkerra (EE) 61.417 0,34 1 Candidatura Aragonesa Independiente de Centro (CAIC) 37.183 0,20 1 Candidatura Independiente de Centro (CIC) 29.834 0,16 1

As eleccións en cifras miniatura|dereita|350px|Partidos maioritarios por provincias nas eleccións xerais de 1977. O 15 de xuño de 1977, estaban inscritos no censo electoral 23 583 762 persoas, das cales un 78,83 % votou e un 21,17 % abstívose.

Outras cifras: Votos válidos: 98,57 % Votos nulos: 1,43 % Votos a candidaturas: 99,75 % Votos en branco: 0,25 %

Deputados electos ao Congreso

Andalucía UCD 27 PSOE 27 PCE 5 PSA 1

Aragón UCD 7 PSOE 5 PSP 1 CAIC 1

Asturias UCD 4 PSOE 4 PCE 1 AP 1

Baleares UCD 4 PSOE 2

Canarias UCD 10 PSOE 3

Cantabria UCD 3 PSOE 1 AP 1

Castela-A Mancha UCD 12 PSOE 8 AP 1

Castela e León UCD 25 PSOE 8 AP 2

Cataluña PSC 15 PDC 11 UCD 9 PSUC 8 UCDCC 2 EC 1 AP 1

Comunidade Valenciana PSOE 13 UCD 12 PCE 2 AP 1 PSP 1

Ceuta UCD 1

Estremadura UCD 8 PSOE 4

Galicia UCD 20 AP 4 PSOE 3

A Rioxa UCD 2 PSOE 1 AP 1

Madrid UCD 11 PSOE 11 PCE 4 AP 3 PSP 3

Melilla UCD 1

Murcia UCD 4 PSOE 4

Navarra UCD 4 PSOE 3

País Vasco PNV 9 PSOE 7 UCD 4 EE 1 AP 1

Véxase tamén Outros artigos Lexislatura constituínte de España

1977 Categoría:1977