Mi vida sin mí é unha coprodución española e canadense dirixida por Isabel Coixet no ano 2003. Está baseada na novela Pretending the bed is a raft de Nanci Kincaid.
Sinopse Ann (Sarah Polley) é unha moza de 23 anos que traballa como limpadora polas noites. Casou moi nova e é nai de dúas fillas Penny (Jessica Amlee) e Patsy (Kenya Jo Kennedy) co seu noivo de sempre, Don (Scott Speedman), que pasa máis tempo no paro que traballando. A parella vive nunha caravana no xardín da casa da nai de Ann, en Vancouver, mentres que o seu pai leva anos no cárcere.
A súa vida vai cambiar de xeito radical cando nun recoñecemento médico descobre que está gravemente enferma e que lle queda pouco tempo de vida. A partir de aí Ann, sen contarlle a ninguén o que ocorre, fai unha lista das cousas que quere facer nos dous meses que lle quedan antes de morrer.
Personaxes Sarah Polley como Ann Scott Speedman como Don Mark Ruffalo como Lee Deborah Harry como nai de Ann Jessica Amlee como Penny Kenya Jo Kennedy como Patsy Amanda Plummer como Laurie Leonor Watling como Ann Maria de Medeiros como a perruqueira Julian Richings como Dr. Thompson Alfred Molina como pai de Ann
Premios Premios Goya Premio Goya á mellor canción orixinal Premio Goya ó mellor guión adaptado Nomeado ó Premio Goya á mellor película Nomeado ó Premio Goya á mellor dirección Nomeado ó Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista
Unión de Actores Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria (Leonor Watling)
Véxase tamén Ligazóns externas
Web oficial
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Isabel Coixet Categoría:Filmes producidos por Agustín Almodóvar Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes sobre cancro Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics