Mohamed Ahmed Ben Bella, nado o 25 de decembro de 1916 en Maghnia e finado o 11 de abril de 2012 en Alxer, foi un político alxeriano. Foi o primeiro presidente de Alxeria.
Traxectoria Naceu nunha pequena vila no oeste do país, medrou nunha familia sufí. Serviu no exército francés entre 1943 e 1945, a partir de 1946 organizou grupos armados secretos de carácter independentista. Detido en 1950 fuxiu do cárcere en 1952 e dous anos despois participou na organización do levantamento alxeriano, foi un dos fundadores da Fronte de Liberación Nacional (FLN).
En 1956, Ben Bella sobreviviu a dous atentados e nese ano as autoridades militares francesas préndeno tras secuestrar o avión de liña no que viaxaba, posto en liberdade en 1962, ano da independencia alxeriana. Elixido presidente en 1963, encamiñando o país cara a unha economía socialista pero rompendo coa Unión Soviética, procurando unha vía alxeriana ao socialismo e que influíu fortemente nos movementos de liberación nacional da década do sesenta e setenta.
Categoría:Presidentes de Alxeria Categoría:Nados en Tlemcen Categoría:Nados en 1916 Categoría:Socialistas Categoría:Futbolistas de Alxeria Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Finados en 2012