Leonard Boff, nado en Concórdia, Estado de Santa Catarina, Brasil, no 14 de decembro de 1938 é un teólogo, filósofo e escritor brasileiro.

Traxectoria É un dos ideólogos da teoloxía da liberación, xunto con Gustavo Gutiérrez Merino.

En 1985, a Congregación para a Doutrina da Fe, dirixida polo cardeal Joseph Ratzinger (posteriormente o papa Bieito XVI) foi condenado ao silencio por un ano polo seu libro A Igrexa, Carisma e Poder, onde criticaba á Igrexa católica.

Estivo a punto de ser silenciado de novo en 1992 por Roma, para evitar que participara no Eco-92 do Río de Xaneiro, o que finalmente levouno a deixar a orde franciscana dos Freires Menores, e o ministerio presbiteral.

Traballou como profesor nos campos de teoloxía, ética e filosofía no Brasil, ademais de dar conferencias en moitas universidades no estranxeiro, como Heidelberg, Harvard, Salamanca, Barcelona, Lund, Lovaina, París, Oslo ou Turín.

Boff ten escrito mais de 100 libros, traducidos a moitas linguas do mundo. En 1997, o Parlamento Sueco outorgoulle o premio Right Livelihood.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do teólogo Biografía dw Boff Boff A columna semanal de Leonardo Boff

Categoría:Teólogos do Brasil Categoría:Nados no estado de Santa Catarina Categoría:Nados en 1938 Categoría:Sacerdotes católicos do Brasil Categoría:Franciscanos Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Activistas contra a pobreza