Juan David "Juanda" Fuentes Garrido, nado en Montería o 19 de maio de 2003, é un futbolista colombiano que xoga como dianteiro no Penafiel, da Segunda Liga.
Traxectoria Nado en Montería de pai español e nai colombiana, mudouse a España aos catro anos. Comezou a xogar ao fútbol nas canteira do EF Montcada, o CF Tecnofutbol e o Barcelona.
Despois de pasar polo Barcelona B, en agosto de 2023 asinou un contrato de tres anos co Oostende de Bélxica. Na tempada 2024/25 xogou co Andorra na Primeira Federación, conseguindo o ascenso á Segunda División. Na seguinte campaña xogou cedido no Gimnàstic de Tarragona.
O 10 de xullo de 2026 fichou polo Penafiel portugués.
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Colombia Categoría:Colombianos de ascendencia española Categoría:Futbolistas de Colombia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do FC Penafiel