Carlo Valdettaro, nado en Milán en 1921 e finado en Lugano en 1988, foi un numismático italiano especializado na moeda do Nepal.
Traxectoria O marqués Carlo Valdettaro Pontecorvo della Rocchetta naceu en 1921 en Milán, no seo dunha familia da nobreza italiana."I Grandi Numismatici Italiani: Valdettaro, Carlo". Società Numismatica Italiana (socnmumit.com).miniatura|233x233px|Brasón do marquesado de Valdettaro Pontecorvo della Rocchetta.Valdettaro, afeccionado á numismática, era director dunha compañía italiana do sector da enerxía eléctrica que operaba na India. Desde a base da empresa en Calcuta, durante a década de 1960 foron frecuentes as súas viaxes profesionais ao Nepal, e logo a compañía cambiou a súa sede a Katmandú. Alí coñeceu a Bhupendra Narayan Sherestha (1943-2012), o principal experto nepalés en moedas do Himalaia, quen o introduciu no coñecemento da numismática desta rexión e lle proporcionou abundante material numismático, a partir do cal fixo diversos estudos e publicacións."Obituaries: Bhupendra Narayan Sherestha (1943 - 4 September 2012)". En Journal of the Oriental Numismatic Society. Nº 213. 2012. Páxinas 1-2.
Valdettaro foi un dos primeiros coleccionistas numismáticos europeos en especializarse en moedas do Nepal."Carlo Valdettaro". The British Museum (britishmuseum.org). Foi ademais membro da Sociedade Numismática Italiana desde 1963 ata o seu falecemento.
Carlo Valdettaro finou na cidade suíza de Lugano en 1988.
Publicacións
Escolma de artigos
(1964). "A double mohar of Siva Simla Malla of Kathamandu". En The Journal of Numismatic Society of India, XXVI. Páxinas 278-279. (1965). "Current Coins in Nepal". En The Whitman Numismatic Journal. Vol. 2. Nº 3. Páxinas 169-173. (1976). "Coins in Medieval Nepal" (con N. G. Rhodes). En Numismatic Chronicle. Serie 7. Vol. 16. Páxinas 158-166 (1977). "Cup-Shape Coins from Kasi". En The Journal of Numismatic Society of India, XXIX. Páxinas 8-17. (1978). "New punch-marked Coins from Minipur". En The Journal of Numismatic Society of India, XL. Páxinas 82-85.
Monografía
(1989). The Coinage of Nepal from the earliest times until 1911 (con N. G. Rhodes e K. Gabrisch). Special Publications of the Royal Numismatic Society, Nº 21. RNS, Londres. ISBN 978-0901405272 Recensión do libro, por J. Cribb. En The Numismatic Chronicle. Vol. 153. Páxinas 320-322.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia da moeda do Tíbet
Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en Milán Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Coleccionistas Categoría:Nobres de Italia Categoría:Marqueses Categoría:Personalidades sen imaxes