O Kremlin de Kazán (en ruso: Казанский кремль; en tártaro: Казан кирмәне) é a principal cidadela histórica de Kazán, unha cidade en Rusia. Construíuse por orde de Iván o Terrible sobre as ruínas do antigo castelo dos Khans de Kazán. Declarouse Patrimonio da Humanidade no ano 2000.
Historia e monumentos thumb|left|150px|Kremlin de Kazán en 1630. thumb|left|150px|Kremlin de Kazán en 1839. thumb|left|150px|Mosteiro da Transfiguración do Salvador no século XIX. thumb|left|150px|Kremlin de Kazán en 1911. thumb|right|350px|Vista aérea do Kremlin. thumb|left|150px|Entrada principal coa torre Spasskaya a principios do século XX. O Kremlin de Kazán alberga numerosos edificios antigos, o máis antigo deles é a Catedral da Anunciación (1554–1562), a única igrexa rusa do século XVI que conta con seis piares e cinco ábsidas. Ao igual que moitas outras construcións de Kazán daquela época, edificouse con arenisca clara da zona en lugar de con ladrillo. O tsar convidou os prestixiosos arquitectos de Pskov, Postnik Yakovlev e Ivan Shirjay (coñecido como Barma), para reconstruír en pedra o Kremlin de Kazán. O campanario da catedral construíuse en cinco niveis por iniciativa de Iván o Terrible e deseñouse para lembrar o campanario de Iván o Grande en Moscova, mais derrubárono os soviéticos en 1930.
O elemento máis destacado do Kremlin de Kazán é a torre inclinada de Söyembikä, que probablemente remontase ao reinado de Pedro o Grande. Unha lenda moi coñecida vincula a torre coa última raíña do Kanato de Kazán. Outro elemento arquitectónico recoñecible é a torre Spasskaya, que marca o extremo sur do Kremlin e serve como entrada principal ao recinto.
A torre Spasskaya recibe o seu nome do mosteiro de Spassky, que se atopaba nas proximidades. Entre os edificios do mosteiro figuraban a igrexa de San Nicolás (década de 1560, de catro piares) e a catedral da Transfiguración do Salvador (década de 1590, de seis piares). Destruíronos os comunistas durante o mandato de Iosif Stalin.
Tamén son de interese as torres e murallas de brancura inmaculada, erixidas nos séculos XVI e XVII pero renovadas posteriormente, a mesquita de Kul Sharif, reconstruída recentemente no interior da cidadela e a Casa do Gobernador (1843–1853), deseñada por Konstantin Thon, que hoxe alberga o Pazo do Presidente da República de Tatarstán. Crese que o pazo se asenta sobre o lugar que ocupaba o antigo pazo do Kan. Situada entre o Pazo Presidencial e a torre de Söyembikä atópase a igrexa palatina, construída sobre os cimentos dunha mesquita medieval.
A muralla norte do Kremlin alberga outra torre con porta, a torre Secreta, chamada así porque outrora contiña un pozo oculto de abastecemento de auga. Esta torre permite o acceso peonil ao Kremlin, mais o acceso de vehículos está restrinxido a situacións de emerxencia.
Século XXI thumb|right|140px|Monumento aos construtores tártaros e rusos. A inauguración dunha das maiores mesquitas de Europa, a Kul Sharif, tivo lugar en Kazán o 24 de xuño de 2005. Arredor de 17.000 persoas reuníronse para a celebración. Delegacións de corenta países asistiron ao acto. O edificio reconstruíuse no lugar onde presumiblemente se atopaba a principal mesquita do Khanato de Kazán antes de 1552. Durante a cerimonia, o presidente de Tatarstán, Mintimer Shaeymiev, afirmou que "a mesquita de Kul Sharif é un novo símbolo de Kazán e Tatarstán... unha ponte que conecta... o noso pasado e o noso futuro".
O decreto de restauración da mesquita de Kul Sharif (1995) tamén ordenou a restauración da Catedral da Anunciación, situada no Kremlin de Kazán, que arrebatouse aos cristiáns ortodoxos tras a Revolución Rusa. O 21 de xullo de 2005, día da festividade da santa icona da "Theotokos de Kazán", e ante unha multitude de 10.000 peregrinos, o Patriarca Aleixo II e Mintimer Shaeymiev colocaron na Catedral da Anunciación, recentemente restaurada, a copia máis sagrada da icona, perdida durante moito tempo e devolta a Rusia en 2004 polo Papa Xoán Paulo II pouco antes da súa morte.
En 2005, a primeira fase do Metro de Kazán tamén incluíu unha estación chamada Kremlyovskaya.
Edificios
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Rusia
Ligazóns externas Kazan Kremlin State Museum and Historical Park (official site) World Heritage Patrimony Pictures of Kazan Kremlin
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Rusia