Francesco Pellati, nado en Strevi o 7 de setembro de 1882 e finado en Follonica en outubro de 1967, foi un arqueólogo e numismático italiano.
Traxectoria Francesco Pellati naceu en 1882 na vila de Strevi, na provincia piemontesa de Alessandria, fillo de Angela Braggio e Niccolò Pellati."Personaggi illustri". Strevi.webnode.it.
Foi un arqueólogo coñecido a nivel internacional como estudoso da arte. Entre outros, exerceu o cargo de inspector xeral de Belas Artes no Ministerio de Instrución Pública de Italia e tamén para a UNESCO, e foi secretario da Academia de Italia.
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Pellati presidiu o Instituto de Arte de Roma e o Instituto Italiano de Paleontoloxía Humana."39. Francesco Pellati (Strevi 1882 - Follonica 1967)". En Autografi e manoscritti. Catálogo 190. LIM Antiqua, Lucca. Grande estudoso da numismática, foi ademais, entre 1952 e 1958, o presidente do Instituto Italiano de Numismática."Istituto Italiano di Numismatica". En Anuario. Nº 49. Unione Internazionale degli Istituti di Archeologia, Storia e Storia dell'Arte in Roma. Roma. 2007. Páxina 327.
Francesco Pellati casou en 1916 con Lina Pellati."Francesco (Conte) Pellati, 1882 - 1967". Myheritage.com. Finou aos 85 anos en Follonica, Grosseto, en outubro de 1967.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Instituto Italiano de Numismática
Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados na provincia de Alessandria Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Arqueólogos de Italia Categoría:Historiadores da arte de Italia Categoría:Personalidades sen imaxes