Ramón González Costas, coñecido como Moncho Barreras, nado en Castrelos (Vigo) en 1946, é un sindicalista galego.

Traxectoria

Obreiro do estaleiro Barreras, iniciouse na loita sindical na folga de 1962. Foi detido en 1966 e condenado a 16 anos de prisión. Membro de Comisións Obreiras, militou nas Xuventudes Comunistas e na Organización Obreira. Foi un dos líderes das mobilizacións da folga xeral de 1972 en Vigo. Recoñecementos

Recibiu unha homenaxe en Vigo en xaneiro de 2023.A Moncho de Barreras, que mañana recibe homenaje. Faro de Vigo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Moncho 'Barreras', una vida de lucha Moncho de Barreras

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1946