O Convento de Santo Agostiño é un edificio barroco neoclásico do século XVII situado no centro histórico da cidade de Santiago de Compostela. Malia que na actualidade sirva de colexio maior universitario xesuíta, orixinalmente foi convento dos Agostiños Calzados de Arzúa.
Descrición A construción do convento foi financiada polo Conde de Altamira. As obras tiveron lugar entre os anos 1623 e 1648, segundo un proxecto de Bartolomé Fernández Lechuga. Despois das desamortizacións e exclaustracións que afectaron ás ordes relixiosas en España no século XIX, o edificio tivo diferentes usos antes de ser ocupado polos xesuítas para erixir un colexio maior.
A igrexa é de planta rectangular, cunha nave única de tres tramos, cuberta cunha bóveda de canón, cruceiro, capelas laterais e cúpula semiesférica sen tambor. A fachada é de estilo neoclásico, estuturada en dous corpos. Sobre as portas, atópase un nicho coa imaxe da Virxe da Cerca, chamada así porque estaba situada noutro nicho da antiga muralla. O proxecto inicial incluía dúas torres, das cales só existe a da dereita, sen rematar. A torre da esquerda foi destruída por un lóstrego no ano 1788.
No interior destaca a escultura procesional de Cristo na columna, unha obra de Diego de Sande, o retablo maior, atribuído a Pedro Taboada e datado de 1690, e o retablo da Inmaculada Concepción, datado de 1740 e de autoría de Simón Rodríguez.
Notas
Categoría:Igrexas de Santiago de Compostela Categoría:Mosteiros e conventos de Santiago de Compostela