O Samsung Galaxy Note 5 é un teléfono intelixente baseado en Android. Foi presentado o 13 de agosto de 2015 e lanzado con Android 5 Lollipop o 21 de agosto do mesmo ano. É actualizable a Android 7.0 Nougat.

Ten unha pantalla AMOLED de 5,7 polgadas con resolución 2K, protexida por Corning Gorilla Glass 4. Ten un procesador Exynos 7420 e 4 GB de RAM, e está dispoñible en tres configuracións de almacenamento interno: 32, 64 e 128 GB. Inclúe unha batería de 3020 mAh e ten carga rápida e inalámbrica.

Carece de rañura para tarxetas microSD, polo que non ofrece almacenamento ampliable e, a diferenza do seu predecesor, o Galaxy Note 4, a batería non é facilmente extraíble. Ademais, o escáner de pegadas dixitais está integrado no botón de inicio e agora usa un mecanismo de dixitalización táctil no canto de deslizar o dedo. Tamén é compatible con Samsung Pay.

O teléfono ten unha cámara traseira de 16 MP e unha cámara frontal de 5 MP. O compartimento de almacenamento para o S-Pen usa un mecanismo de resorte para expulsar o lapis óptico. A nova función Screen Off Memo permite que o teléfono amose directamente o bloc de notas cando o S-Pen está separado.

Ademais, o dispositivo non ten transmisión infravermella a diferenza do seu antecesor, o cal facía que se puidese usar o móbil como control remoto universal.

Notas

Categoría:Samsung Galaxy