Fausto de Córdoba, nado en Corduba no século III e falecido en 304 (ou 303), foi un soldado romano convertido ao cristianismo, motivo polo que foi posteriormente martirizado en tempos de Diocleciano. Venérase como santo na Igrexa católica.

Traxectoria Forma parte dos tres mártires de Córdoba, Fausto, Xenaro e Marcial, ás veces nomeados como irmáns. Foron citados por primeira vez polo poeta Prudencio entre os anos 398-405. Describiunos como as "tres coroas de Córdoba" no Himno IV da súa obra o Peristephanon. A través dunha historia apócrifa do século IX e outra máis tardía foron asociados como fillos do tamén mártir san Marcelo, xeneral de Legio mutilado e queimado vivo a principios do século IV segundo conta a lenda. Padeceron un terríbel martirio, como o poldro, mutilacións e finalmente a fogueira.

Segundo outras fontes, san Fausto foi apedreado, polo que se representa moitas veces cun libro entre as mans cuberto de pedras. Así se pode ver na imaxe do retablo maior da Igrexa de Santa María de Uríbarri de Durango en Biscaia (País Vasco, España), localidade da que é patrón.

As reliquias dos santos de Córdoba, atopados moitos anos despois tras unhas milagrosas revelacións, áchanse na Basílica de San Pedro, en Córdoba, igrexa levantada na súa honra. O seu culto atópase diseminado pola área da antiga Bética, ademais é dos máis antigos de Hispania.

Iconografía e festividades miniatura|Igrexa parroquial de san Fausto de Chapela (Redondela). A súa festa principal é o 13 de outubro aínda que tamén ten outros días como o 28 de setembro.

Adóitase representar como un neno ou un mozo coas vestimentas típicas das lexións romanas ou unha túnica e levando na súa man unha palma, símbolo do martirio, aínda que a miúdo tamén aparecen representados con mostras de ser degolados.

Culto en Galiza É un santo con escaso culto en Galiza. Porén, é padroeiro de Chapela (Redondela) dende o século XVI, importado polo arcebispo de Santiago de Compostela Xoán de Sanclemente, oriúndo de Córdoba.

Referencias

Categoría:Córdoba Categoría:Historiografía Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia