Prorastomidae (prorastómidos) é unha familia de sirenios extintos de Xamaica, relacionados cos actuais manatís e dugongos. A familia inclúe os fósiles máis antigos coñecidos dos sirenios, representados en dous xéneros: Pezosiren e Prorastomus. miniatura|Esqueleto de molde de Pezosiren portelli
Pezosiren Pezosiren comprende unha especie coñecida, Pezosiren portelli, que se descubriu na actual Xamaica. É unha das especies máis antigas de sirenios e diferénciase dos sirenios actuais por ser cuadrúpede. A especie pénsase que vivu hai 50 millóns de anos durante o Eoceno medio, e os elementos esqueléticos suxiren que P. portelli podía soportar perfectamente o seu peso corporal cando estaba fóra da auga. Porén, varias características morfolóxicas suxiren que esta especie pasaba cantidades considerables de tempo no ambiente acuático, como por exemplo ter costelas paquiosteoscleróticas. De xeito similar aos manatís viventes, estas costelas proporcionaban un lastre e permitían que o animal conseguise unha flotación neutra. P. portelli carecía dunha cola grande musculada como a que teñen os sirenios modernos para propulsarse pola columna de auga, e a anatomía esquelética indica que conseguían a súa forza propulsora por medio de ondulacións da columna vertebral, igual que as lontras mariñas. Estas probas suxiren que P. portelli probablemene dividía o seu tempo entre os hábitats terrestres e os acuáticos de augas pouco profundas, de xeito converxente cos hipopótamos.
Prorastomus O xénero Prorastomus tamén está representado por unha soa especie coñecida, chamada Prorastomus sirenoides, que viviu en Xamaica durante o Eoceno medio, e pénsase que é a especie de sirenio máis antiga descuberta ata esta data. Igual que P. portelli, é un sirenio cuadrúpede que probablemente tiña un estilo de vida comparable aos hipopótamos, pasando gran parte do seu tempo tanto en terra coma na auga. Tiña grandes bulbos olfactorios para ser un sirenio, o que indica que o sentido do olfacto era de grande importancia para el, e os nervios trixéminos, utilizados na somatosensensibilidade, estaban agrandados. As especies de sirenios extintos posúen nervios trixéminos comparablemene grandes, que lles daban unha gran sensibilidade táctil facial. Os fósiles dentais de P. sirenoides suxiren que a especie se alimentaba principalmente de vexetación flotante e emerxente que crecía no seu hábitat.
Véxase tamén Outros atigos Evolución dos sirenios
Notas
Categoría:Sirenios Categoría:Fósiles Categoría:Eoceno