Stužica é un bosque de faias (Fagus sylvatica) excepcionalmente preservado e intacto dos Cárpatos Orientais Exteriores. Está situado en Eslovaquia e limita con Polonia e Ucraína. O bosque está protexido desde 1908 e en 1993 a área cualificouse como Reserva Natural Nacional. En 2007, Stužica e varias outras localizacións da cordilleira, incluíndo seis compoñentes en Ucraína, declaráronse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Cinco compoñentes Alemaña engadíronse en 2011. Xuntos forman o sitio Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa cun valor universal excepcional.
Galería
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Eslovaquia Ligazóns externas
Stužica Virgin Forest
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Eslovaquia