Oriol Vinyals, nado en Sabadell, Barcelona, en 1983, é un investigador catalán de aprendizaxe automática. Dedicou a maior parte da súa carreira a DeepMind. É cofundador de Discovery Loop e foi o xefe técnico de Gemini até agosto de 2026, xunto con Jeff Dean.
Traxectoria
Formación Oriol Vinyals estudou no colexio Sant Nicolau de Sabadell. Din que de neno lle gustaba facerlle preguntas sobre matemáticas ao seu pai mentres subían ao monte Mola. Despois estudou matemáticas e enxeñaría de telecomunicacións na Universidade Politécnica de Cataluña. Posteriormente trasladouse aos Estados Unidos e cursou un máster en informática na Universidade de California, San Diego, e na Universidade de California, Berkeley, onde obtivo o doutoramento en 2013 baixo a supervisión de Nelson Morgan no Departamento de Enxeñaría Eléctrica e Ciencias da Computación.
Carreira Vinyals foi o coinventor do modelo seq2seq para a tradución automática xunto con Ilya Sutskever e Quoc Viet Le. Liderou o grupo de investigación AlphaStar en DeepMind, que aplica a intelixencia artificial a videoxogos como StarCraft II.
En 2016, foi escollido pola MIT Technology Review como un dos 35 menores de 35 anos máis innovadores.
En 2022 foi investigador principal en DeepMind. A súa investigación en DeepMind aparece regularmente nos medios de comunicación convencionais. En agosto de 2024, converteuse no xefe técnico de Gemini, xunto con Noam Shazeer e Jeff Dean. En 2025 recibiu o título de doutor honoris causa da súa universidade de orixe, a UPC. En agosto de 2026, anunciou que deixaba Gemini para fundar Discovery Loop, xunto con Jeff Dean, Quoc Le e Sanjay Ghemawat.
Notas
Véxase tamén
DeepMind Gemini (Google)
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade de California, San Diego Categoría:Alumnos da Universidade Canergie-Mellon Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Personalidades sen imaxes