Manuel Sánchez Pérez, Crisanto, nado en Lubre (Bergondo) en 1947 e finado en París o 21 de maio de 2000, foi un mestre e político galego de tendencia nacionalista e de esquerda.
Traxectoria Mestre, exerceu no IES Francisco Aguiar de Betanzos. Nas primeiras eleccións municipais democráticas encabezou a Unión Independente dos Veciños en Bergondo e foi elixido concelleiro. En 1983 foi elixido concelleiro en Sada (onde formaba parte da Asociación de Veciños) encabezando a candidatura de Esquerda Galega, formación que a partir de 1984 conformou o PSG-EG. Continuou como concelleiro en Sada tralas municipais de 1987 e 1991 como cabeza de lista do PSG-EG, mellorando progresivamente os seus resultados e converténdose na última convocatoria en segunda forza política, sendo o principal azoute do alcalde do PPdeG Ramón Rodríguez Ares. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura de Esquerda Unida-Esquerda Galega nas cales se consolidou como segunda forza en Sada, quedando o PPdeG de Moncho Ares moi preto de perdela maioría absoluta. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura de Esquerda de Galicia e, se ben continuou sendo a segunda forza política, o feito de que Ares volvese revalidar a maioría absoluta supuxo que Crisanto renunciase a recoller a súa acta de concelleiro. Finou o 21 de maio de 2000 en París, a onde se trasladara por motivos de saúde.
Vida persoal Foi pai de Antón Sánchez GarcíaEl hijo de Crisanto toma el relevo 30 años después, enxeñeiro agrario e dirixente político do BNG e posteriormente de Anova-Irmandade Nacionalista, sendo concelleiro en Bergondo e deputado no Parlamento de Galicia.
Notas
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Finados en 2000 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes