Os mbyá, tamén chamados guaranís mbyá (en lingua guaraní mbyá: mby’as), son unha rama do pobo guaraní que vive en América do Sur, nun amplo territorio que abrangue Paraguai, o Brasil, a Arxentina e o Uruguai.
Parte do pobo guaraní Debido ás súas semellanzas lingüísticas e rituais similares, os lingüistas e antropólogos consideran aos mbyá, xunto cos pai tavytera, guaranís bolivianos orientais, guarayos, chané e outros, como un subgrupo do pobo guaraní.
Aínda que agora son coñecidos co nome de "mbyá", refírense a si mesmos como o "Nhandeva", unha palabra que significa "nós" ou "o noso pobo", que é tamén o nome utilizado internamente por varios outros pobos guaranís. Outro grupo deste tipo, a miúdo referido polos etnógrafos como o nhandeva, é chamado "chiripá" polos mbyá, e os dous grupos cada un reclama status exclusivo como os verdadeiros guaranís.LADEIRA, Maria Inês. O caminhar sob a luz: Território mbya à beira do oceano. 1992. Dissertação de Mestrado em Antropologia – Pontifícia Universidade Católica - PUC. Versão Online. São Paulo: Centro de Trabalho Indigenista – CTI, 2014.
O nome ritual utilizado polos mbyá para referirse a si mesmos é jeguakava tenonde porangue'í, que quere dicir "os primeiros elixidos para levar o adorno sacro das plumas" ou "os primeiros adornados".
Notas
Categoría:Pobo guaraní Categoría:Pobos indíxenas de Paraguai Categoría:Pobos indíxenas do Brasil Categoría:Pobos indíxenas da Arxentina Categoría:Pobos indíxenas do Uruguai