miniatura|Mohur de ouro de Akbar (r. 1556-1605), datado ca. 1578 e 1580."Mohur of Akbar (r. 1556-1605), 1578-1580". Los Angeles County Museum of Art (Lacma.org). A moeda mogol é a emitida e utilizada dentro do Imperio Mogol, así como nos seus estados asociados, entre os séculos XVI e XIX.

Aínda que a India tiña reservas de ouro significativas, as moedas mogois producíanse principalmente a partir de lingotes importados. Isto era consecuencia da forte economía do imperio, impulsada polas exportacións, xa que a demanda mundial de produtos agrícolas e industriais indios atraía un fluxo constante de metais preciosos cara ao país.

Denominacións O sistema monetario dos mogois compúñase de moedas cuñadas en ouro, prata e cobre, cuxas denominacións principais eran as seguintes:Ahmad, S.; Hashmi, I. A. (2007). "Copper Coins of Akbar from Kangra Museum". En Proceedings of the Indian History Congress. Vol. 68. Páxinas 1.428-1.432.Jahan, P. (2017).Deyell, J. S. (2020)."The Mughal Currency System: An Analysis of Coinage and Minting". Banotes.orgRichards, J. F. (2000). +OuroPrataCobreMohur (15 rupias)RupiaDam (1⁄40 rupia) Historia

Babur (1526-1530) e Humayun (1530-1556) miniatura|Shahrukhi de prata a nome de Babur, datado ca. 1526-1530."Shahrukhi - Babur". Numista.com Durante o reinado dos dous primeiros emperadores, Babur e Humayun,"Babur". En Whitehead, R. B. (1914). Páxinas 3-8."Humayun". En Whitehead, R. B. (1914). Páxinas 9-17. emitiuse un tipo de moedas denominadas shahrukhi, chamadas así por levaren o nome de Shahrukh Mirza, o fillo máis vello de Timur Lang, fundador do Imperio Timúrida.Hodivala, S. H. (1923). Páxinas 1-10.

Estas moedas caracterizábanse por estaren cuñadas en discos anchos e planos, e por amosaren o kalima sunnita no centro do seu anverso cos nomes dos primeiros catro califas arredor, entanto que o reverso tiña o nome e os títulos do rei, xunto coa data na era da Héxira e o nome da cidade de cuñaxe.

Interregno Suri (1556) O Imperio Suri, de orixe afgá, gobernou brevemente cando o seu fundador Sher Shah Suri derrotou o emperador Humayun, quen daquela procurou refuxio en Persia.Ali Khan, Z. (1925). Sher Shah Suri, Emperor of India. Civil and Military Gazette Press, Lahore. Páxinas 34-41. Sher Shah introduciu varias reformas no relativo á moeda, entre elas a estandarización do sistema baseado no mohur de ouro, a rupia de prata e o dam de cobre.Whitehead, R. B. (1914). Páxina xlv. En 1556, os mogois recuperaron o control de Delhi e Akbar foi coroado novo emperador.

Akbar (1556-1605) Adoptou as estandarizacións introducidas no interregno,"Akbar". En Whitehead, R. B. (1914). Páxinas 19-118. e estas pasaron a formar parte da moeda mogol a partir de entón. Durante o reinado de Akbar, a ortodoxia islámica decaeu, e isto culminou na substitución do credo islámico como relixión da corte polo Din-i Ilahi, unha relixión sincrética fundada polo propio emperador. Isto reflectiuse nas moedas, nas que o credo islámico foi substituído polo da nova relixión. Tamén se abandonou a restrición á representación de seres vivos nas moedas e, consecuentemente, comezaron a emitirse moedas que representaban animais como azores e patos. Tamén se emitiu un medio mohur con representacións dos deuses hindús Rama e Sita durante este período.Chakraborty, S. (1939). "Some Hindu Elements in Muslim Coinage of India". En Proceedings of the Indian History Congress. Vol. 3. Páxinas 672-687."Akbar's Coins". Google Arts & Culture (artsandculture.google.com).Whitehead, R. B. (1929). "The Portrait Medals and Zodiacal Coins of the Emperor Jahāngīr". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. Vol. 9, Nº 33. Páxinas 1-5."Hawk Coin of the Emperor Akbar". Metropolitan Museum of Art (metmuseum.org).miniatura|Mohur de ouro do reinado de Jahangir."Mogul: Jahangir. 1023 AH (1614-1615)". Berlin, Münzkabinett der Staatlichen Museen (ikmk.smb.museum). Jahangir (1605-1627)"Jahangir". En Whitehead, R. B. (1914). Páxinas 119-172. A tendencia de representar figuras nas moedas continuou durante o reinado do fillo e sucesor de Akbar, Jahangir. Con todo, o credo Ilahi foi abandonado. Jahangir emitiu moedas co seu propio retrato e co retrato do seu pai, Akbar, no anverso, en tanto que os seus reversos amosarían a representación do Sol e do león."Portrait Coin of the Emperor Jahangir". Metropolitan Museum of Art (metmuseum.org).Allan, J. (1930). "A Portrait Mohur of Akbar". En The British Museum Quarterly. Vol. 5. Nº 2. Páxinas 56-57. Baixo este monarca tamén se emitiron moedas con temática zodiacal, nas que o signo do zodíaco debía corresponder co mes de emisión.Whitehead, R. B. (1931). "The Portrait Medals and Zodiacal Coins of the Emperor Jahāngīr. II. The Zodiacal Coins (Continued)". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. Vol. 11. Nº 42. Páxinas 91-130.Hodivala, S. H. (1929). "The Chronology of the Zodiacal Coins of Jahāngīr". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. Vol. 9. Nº 35-36. Páxinas 296-309.Ekhtiar, M. D. et al. (eds.) (2011). Masterpieces from the Department of Islamic Art in the Metropolitan Museum of Art. Metropolitan Museum of Art, Nova York. ISBN 978-1-58839-434-7

Durante reinado de Jahangir, tamén se emitiron moedas a nome da emperatriz Nur Jahan. Cando o seu fillo Shah Jahan accedeu ao trono (1627-1658),"Shah Jahan". En Whitehead, R. B. (1914). Páxinas 173-213. ordenou que todas esas moedas fosen retiradas da circulación e fundidas.Hodivala, S. H. (1923). Páxinas 171-172.miniatura|Rupia emitida en HE 1202 (AD 1792) a nome do emperador mogol Shah Alam II."1 Rupee - Shah Alam II". Numista.com Gobernantes posteriores En 1717, durante o reinado de Farrukhsiyar (1713-1719),"Farrukhsiyar". En Whitehead, R. B. (1914). Páxinas 293-310. a Compañía das Indias Orientais recibiu o dereito a cuñar moedas a nome do emperador. A compañía continuaría a emitir moedas a nome dos emperadores mogois ata 1835.Das, D. (2023). "East India Company fought hard for its coins in India. Even Aurangzeb's fury couldn't stop it". En The Print. 27 de xullo. miniatura|Marcas habituais nas moedas mogois.Whitehead, R. B. (1914). Páxina 441. En 1857, durante a rebelión india, Bahadur Shah II (1737-1757) foi coroado emperador da India e cuñáronse moedas a nome seu."Bahadur Shah II". En Whitehead, R. B. (1914). Páxina 430. Estas serían as derradeiras moedas mogois que se emitiron, xa que Shah sería deposto e encarcerado, pondo así fin ao imperio mogol.

Cecas mogois As moedas do Imperio Mogol cuñáronse en moi diversas cecas esparexidas por todo o seu territorio:"Mint Notes". En Whitehead, R. B. (1914). Páxinas xxviii-cxv.

Āgra (Akbarābād) Aḥmadābād Aḥmadnagar Aḥsanābād (Gulbarga) Ajmer Akbarnagar Akbarpūr Tānda 'Ālamgīrpūr Alwar Ānwala (Aonla) Arkāt (Arcot) Atak Aurangābād (K͟hujista Bunyād) Awadh (Ak͟htarnagar) A'z̤amnagar Gokulgarh Badak͟hshān Bahādurgarh Bahrāich Bairāta (Berār) Bālānagargadhā Balwantnagar Banāras (Muḥammadābād) Bangāla Barelī (Āṣafābād) Baroda Bhakkar Bhīlsa Bījāpūr Bīkāner Bindraban (Mūminābād) Burhānpūr Champāner Chhachraulī Chīnāpatan Chītor Chunār Daulatābād Dehlī (Shāhjahānābād) Deogarh Dera Derajat Dewal Bandar Dogāoṇ Elichpūr Farruk͟hābād (Aḥmadnagar) Fatḥpūr Fīrozgarh Gobindpūr Gorakhpur (Mu'az̤z̤amābād) Gokulgarh Gulkanda (Golconda) Gwāliār (Gwalior) Ḥaidarābād Hardwār Ḥasanābād Hāthras Ḥiṣār Ilāhābād (Ilāhābās) Imtiyāzgarh Islāmābād (uncertain, various locations) Isma'īlgarh Itāwa (Itāwā) Jahāngīrnagar Jaipūr Jaler Jālnapūr Jaunpūr Jammūn Jodhpūr Jūnāgarh Kābul Khambāyat (Cambay) Kālpī Karīmābād Kashmīr (Srīnagar) Katak K͟hairpūr Korā Lāhor Lahrī Bandar Lucknow Macchlīpatan (Masulipatam) Mahindrapūr Mahindrapūr Mailāpūr Maliknagar Mālpūr Mandū Mathurā (Islāmābād) Muḥammadābād Muḥammadnagar Mulhārnagar Mumbai Murādābād Murshidābād (Mak͟hṣūṣābād) Muṣtafa-ābād Muz̤affargarh Mysore Nāgor Najafgarh Najībābād Nārnol Narwar Nuṣratābād Pānīpat Panjnagar Patna ('Āz̤īmābād) Peshāwar Purbandar Qanauj Qandahār Ravishnagar Sāgar Sa'dnagar Sahāranpūr Samarqand Sarhind (Sahrind) Shergarh Sherpūr Sholāpūr Sīkākul Sind Sironj Sītpur Somnath Sūrat Tatta Torgal Udaipūr Ujain (Ujainpūr) Urdū Z̤afarābād Z̤afarnagar Z̤afarpūr Zainu-L-Bilād

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Deyell, J. S. (2020). "Foundations of the Mughal Monetary System, 1200-1600". En Eaton, R. M.; Sreenivasan, R. (eds.). The Oxford Handbook of the Mughal World. Oxford University Press. ISBN 9780190222642 Hodivala, S. H. (1923). Historical Studies in Mughal Numismatics. Numismatic Society of India. Bombay. Jahan, P. (2017). "Development of money system in the Mughal Period". En International Journal of Scientific Research in Science and Technology. Vol. 3. Nº 7. Páxinas 1.292-1.296 Richards, J. F. (2000). The Imperial Monetary System of Mughal India. Oxford University Press. ISBN 9780195649796 Whitehead, R. B. (1914). Coins Of The Mughal Emperors. Clarendon Press, Oxford.

Outros artigos

Imperio Mogol

Ligazóns externas

Catálogo en liña das moedas do Imperio Mogol

Categoría:Moedas da Idade Moderna Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas da India