O Altair 8800 é un microordenador introducido en 1974 por Micro Instrumentation and Telemetry Systems (MITS) baseado na CPU Intel 8080. Foi o primeiro ordenador persoal con éxito comercial.Dorf, Richard C., ed. The engineering handbook. CRC Press, 2004.
Visión xeral O interese polo Altair 8800 medrou rapidamente despois de que aparecese na portada do número de xaneiro de 1975 da revista Popular Electronics.Copyright catalogs at the Library of Congress. O número de xaneiro de 1975 de Popular Electronics publicouse o 29 de novembro de 1974. :Imaxe:Copyright_Popular_Electronics_1975.jpg Vendíase por correo a través de anuncios en Popular Electronics, Radio-Electronics e noutras revistas de afeccionados. O Altair 8800 non tiña saída de vídeo nin pantalla integrada, polo que tería que conectarse a un terminal serie ou teletipo para ter algunha saída. Para conectalo a un terminal, tiña que instalarse unha tarxeta de interface serie. Alternativamente, o Altair podía programarse usando os interruptores do panel frontal.
Segundo o pioneiro dos ordenadores persoais Harry Garland, o Altair 8800 foi o produto que catalizou a revolución microinformática da década de 1970. O bus informático deseñado para o Altair converteuse nun estándar de facto en forma do bus S-100, e a primeira linguaxe de programación para a máquina foi o produto fundador de Microsoft, o Altair BASIC. "Este anuncio [Altair 8800] sitúase co anuncio de IBM do System/360 unha década antes como un dos máis significativos na historia da informática".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Microcomputadoras