20 francosPierre de Coubertin "20 francs Pierre de Coubertin". Fr.numista.com135x135px135x135pxA/:Vista da Sorbona xunto cos aros olímpicos. Valor facial. Marca de gravador (PONCE·BUQUOY). Lenda: RÉPUBLIQUE FRANÇAISER/: Valor facial rodeado por pólas e ondas. Data Lenda: LIBERTÉ - ÉGALITÉ - FRATERNITÉ / JEUX MEDITERRANEENS Período: 5ª República Francesa. Datas: 1994 Desmonetizada: 17 de febreiro de 2005. Ceca: Monnaie de Paris. Gravador: Atelier de gravure de la Monnaie. Tiraxe total: 15 000 011 exemplares. Metal: trimetálica (Cu, Al, Ni). Diámetro: 27,00 mm. Peso: 9,00 g. Espesor: 2,23 mm. Canto: alternancia de 5 bandas lisas e 5 estriadas.

A moeda de 20 francos Pierre de Coubertin é unha moeda co valor facial de 20 francos franceses emitida en 1994 en conmemoración do centenario da creación do Comité Olímpico Internacional o 23 de xuño de 1894, por parte de Pierre de Coubertin.

Caracterización

Composición A moeda, emitida para a súa posta en circulación ordinaria, ten unha composición trimetálica. O seu centro e o aro exterior compóñense dunha aliaxe de cobre, aluminio e níquel, en tanto que o aro intermedio é de níquel. A composición total da moeda é: 920 ‰ de cobre, 60 ‰ de aluminio e 20 ‰ de níquel.

Deseño miniatura|esquerda|230x230px|Pierre de Coubertin en 1936. Do deseño e gravado da moeda encargouse o Obradoiro de Gravado da Monnaie de Paris, e amosa o sinal identificativo (unha abella) do daquela gravador xeral de moedas, Pierre Rodier.

No anverso represéntase unha vista do edificio da Universidade Sorbona, en París, onde se fundou o Comité Olímpico Internacional en 1894, e á súa dereita reprodúcense os cinco aros olímpicos, símbolo dos Xogos Olímpicos. Completan esta face a expresión do valor facial da moeda e as datas da efeméride (1894 1994), todo rodeado pola súa parte superior polo lema nacional francés LIBERTÉ - ÉGALITÉ - FRATERNITÉ.

O reverso amosa un busto de perfil do creador do Comité Olímpico Internacional, Pierre de Coubertin ollando cara á esquerda, e tras el un facho coa lapa olímpica. Rodean este motivo a inscrición PIERRE DE COUBERTIN 1863-1937 e as iniciais do país: RF.

Tiraxe A moeda cuñouse na Monnaie de Paris e tivo unha tiraxe de 15 000 011 exemplares. A maiores, realizouse unha emisión de 1 850 exemplares a modo de proba, que amosan a inscrición ESSAI ("proba") no campo do anverso, detrás da cabeza de Coubertin."20 francs Pierre de Coubertin essai". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094

Outros artigos

Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 20 francos Monte Saint-Michel

Moeda de 20 francos Xogos Mediterráneos Moeda de 20 francos Galo

Ligazóns externas

Cotización da moeda no mercado numismático Vídeo: "1994 France 20 Francs Coin (Pierre de Coubertin)". The Coin Dictionary

Categoría:Moedas de 20 francos franceses Categoría:Moedas conmemorativas Categoría:Moedas fóra de curso