Pierre-Antoine Rascas, señor de Bagarris e do Boueguet, nado en Aix-en-Provence o 8 de febreiro de 1562 e finado na mesma vila o 14 de abril de 1620, foi un avogado, numismático e arqueólogo francés, primeiro responsable do Gabinete de Medallas dos Reis Henrique IV e Luís XIII.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Pierre-Antoine Rascas naceu nado en Aix-en-Provence o 8 de febreiro de 1562, fillo de de Suzanne d'Isnard e de Guillaume de Rascas, señor de Bagarris e de Châteauredon,"Pierre-Antoine de Rascas de Bagarris, « intendant des médailles et antiques du roi », 1601-1620". En Les intendants et gardes du Cabinet des médailles des origines à 1753. Biblioteca Nacional de Francia. 2007. Páxina 3. e primeiro cónsul de Aix."(de) Rascas de Bagarris, du Muy, du Cannet". Anciennes familles de Provence (anciennesfamillesdeprovence.fr). Pierre-Antoine recibiu o bautismo o 8 de febreiro de 1562 na súa localidade de nacemento.Bonnaffé, E, (1884).
Cursou estudos de Dereito e cara a 1588 acadou o seu doutoramento."Pierre Antoine de Rascas de Bagarris". Encyclopédie Larousse (larousse.fr). Logo estableceuse como avogado no Parlamento de Aix, onde exerceu unha das prácticas xurídicas máis prósperas da súa época.
Intendente dos gabinetes reais Nesa época comezou a reunir unha colección de moedas e curiosidades diversas que chegou a ser unha das máis ricas do seu tempo, e el converteuse nun respectado erudito das antigüidades. En 1598 ou 1599, Bagarris trasladouse a París e coñeceu a Isaac Casaubon, futuro curador da Biblioteca Real. En 1601 foi convocado a Fontainebleau por Henrique IV, a quen lle amosou diversas moedas romanas e pedras gravadas, e seguidamente recibiu do rei a encarga de reorganizar as coleccións reais.Sarmant, T. (1994). Páxina 16. Rascas de Bagarris converteuse deste xeito en Intendente do Gabinete de Medallas e Antigüidades do Rei.Larousse, P. (1867).
Púxose inmediatamente a traballar, co ánimo de consolidar as coleccións reais e cumprir as encomendas que Henrique IV lle fixera. Estaba a preparar a compilación dunha historia do rei a través das súas medallas cando este foi asasinado. Desanimado, regresou á Provenza, levando consigo a súa colección de moedas e pedras gravadas, frustrada a súa esperanza de lla vender ao rei, xa que o seu sucesor, Luís XIII, non amosou interese por elas.
No momento do asasinato de Henrique IV, Bagarris, que se atopaba en Aix, negouse a abandonar o seu posto e mesmo chegou a plasmar as súas ideas e os seus plans nun breve tratado titulado La Nécessité de l’usage des médailles dans les monoyes ("A necesidade de empregar medallas nas casas de moeda"), publicado en 1611 e dedicado a Luís XIII e a María de Medici. Concedéuselle unha pensión anual de 1.000 libras, nun documento datado o 26 de maio de 1611, e tamén recibiu o título honorífico, e inédito, de Intendente dos Mares do Atlántico do Rei.
A súa compilación de Henrique IV foi publicada postumamente baixo o título de Curiositez pour la confirmation de l’histoire tant Grecque et Romaine que des barbares et Goths ("Curiosidades para a confirmación da historia, tanto grega e romana como a dos bárbaros e godos"), dividido en dúas partes: a primeira sobre a excelente colección de moedas e medallas, e a segunda sobre as pedras gravadas.
Derradeira época e legado Pierre-Antoine Rascas mantivo o nomeamento de intendente dos gabinetes reais e ficou en París ata polo menos 1616. Ao regresar a Aix, casou con Gabrielle Albert en 1619, con quen tivo xemelgos.
Finou só un ano despois, o 14 de abril de 1620, aos cincuenta e oito anos.
A viúva de Bagarris gardou a súa prezada colección privada durante moito tempo, incapaz de desprender dela, e finalmente acabou no Gabinete Real logo de que, en 1660, o secretario de Estado Brienne mercase as medallas e moedas por 1.800 libras, e o boticario Toussaint Lauthier de Aix adquirise a maior parte das pedras por 2.000 libras.
Publicacións
(1611). La Nécessité de l’usage des médailles dans les monoyes. J. Berjon, París.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bonnaffé, E, (1884). "Rascas de Bagarris (Pierre-Antoine Rascas, Sieur de Bagarris et du Bourguet), 1567-1620". En Dictionnaire des amateurs français au XVIIe siècle. A. Quantin, París. Páxina 264-265. Larousse, P. (1867). "Bagarris (Pierre-Antoine Rascas de)". En Grand dictionnaire universel du XIXe siècle : français, historique, géographique, mythologique, bibliographique. Tomo II. París. Páxina 45. "Pierre-Antoine de Rascas de Bagarris, « intendant des médailles et antiques du roi », 1601-1620". En Les intendants et gardes du Cabinet des médailles des origines à 1753. Biblioteca Nacional de Francia. 2007. Páxina 3. Sarmant, T. (1994). "La création du Cabinet par Rascas de Bagarris". En Le Cabinet des médailles de la Bibliothèque nationale, 1661-1848. École des chartes, París. Páxinas 10-17. ISBN 978-2-900791-09-7 Tamizey de Larroque, P. (1887). Pierre-Antoine de Rascas, Sieur de Bagarris. Lettres inédites écrites d'Aix et de Paris. Aix-en-Provence.
Categoría:Nados en 1562 Categoría:Finados en 1620 Categoría:Nados en Aix-en-Provence Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Avogados Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes