O V&A Dundee é un museo de deseño en Dundee, Escocia. O seu nome oficial completo é Victoria and Albert Museum Dundee, e é a primeira sucursal do Victoria and Albert Museum fóra de Londres.

Arquitectura miniatura|As laxes de cemento danlle ao exterior unha forma de cantil.|esquerda É un edificio deseñado polo arquitecto Kengo Kuma, construído en 2018. No interior destacan os muros revestidos de madeira e, no exterior, placas de aspecto semellante, pero feitas dun material distinto: neste caso, as laxes están feitas de cemento gris procesado con precisión (2.500 pezas en total).

Situado nos peiraos de Dundee, a forma pode lembrar a dun barco, pero dise que Kuma quería crear un cantil artificial inspirado nos cantís de basalto do leste de Escocia.

Notas

Véxase tamén

Victoria and Albert Museum Kengo Kuma

Categoría:Arquitectura de Escocia Categoría:Arquitectura do Reino Unido Categoría:Arquitectura do Xapón Categoría:Museos de Escocia Categoría:Museos do Reino Unido