Marc-Antoine Oudinet, nado en Reims en 1643 e finado o 12 de xaneiro de 1712, foi un erudito numismático francés, director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Marc-Antoine Oudinet naceu en Reims cara á fin de 1643,"Oudinet, Marc-Antoine". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr). fillo de Nicolas Oudinet, no seu dunha familia de tradición militar orixinaria de Cambrai.Niceron, J. P. (1729). Páxina 257.

Oudinet fixo os seus primeiros estudos no Colexio dos Xesuítas de Reims, e logo pasou unha estadía de cinco ou seis anos en París, onde estudou Filosofía e Dereito, e alí acadou a acreditación como avogado do Parlamento.Niceron, J. P. (1729). Páxina 258.Gérurez, J-B-F. (1817). Páxina 535.

Carreira profesional Logo de iniciar o exercicio da avogacía en París, regresou a Reims para continuar na súa cidade natal. O gran prestixio que acadou valeulle para acadar a cátedra de Dereito na antiga Universidade de Reims.

Ocupou a súa cátedra ata que o seu parente e amigo da infancia Pierre Rainssant, daquela conservador do Gabinete de Medallas do Rei, o reclamou para se incorporar ao Gabinete, coñecedor da súa afección pola numismática, que ambos compartían.Niceron, J. P. (1729). Páxinas 258-259. En 1689, logo do pasamento de Rainssant, foi Oudinet o designado para o suceder na dirección do Gabinete, cargo que desempeñou ata o seu falecemento.Niceron, J. P. (1729). Páxina 260.

En 1701, Oudinet foi admitido como membro asociado na Académie des inscriptions et belles-lettres. Ademais de deixar varios traballos manuscritos, Oudinet publicou nesta academia tres estudos, un sobre a orixe na palabra "medalla", outro acerca das moedas de Atenas e de Lacedemonia, e outro sobre dous espécimes de ágatas conservadas no Gabinete Real.Niceron, J. P. (1729). Páxina 261.

Marc-Antoine Oudinet finou o 12 de xaneiro de 1712, aos 68 anos, como consecuencia da repetición dun ataque de apoplexía que xa experimentara uns meses antes.Niceron, J. P. (1729). Páxina 261.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Niceron, J. P. (1729). "Marc-Antoine Oudinet". En Mémoires pour servir à l’histoire des hommes illustres. Tomo 9. Briasson, París. Páxinas 257-261.

Gérurez, J-B-F. (1817). "Oudinot (Marc-Ant.)". En Description historique et statistique de la ville de Reims. Tomo II. Le Batard, Reims. Páxina 535

Categoría:Nados en 1643 Categoría:Finados en 1712 Categoría:Nados en Reims Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Directores de museos Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Personalidades sen imaxes