La vieja música é unha película española dirixida polo director e guionista Mario Camus en 1985, e protagonizada polo actor arxentino Federico Luppi.

Despois de gañar o Oso de Ouro de Berlín por La colmena e a Palma de Ouro en Cannes por Los santos inocentes, Camus presentou o seu novo filme, no que rompía coa súa costume por adaptar grandes obras literarias.

Rodado en Lugo e cun guión coescrito con Joaquim Jordà, La vieja música crea unha atmosfera que mestura os valores do deporte co amor.

Sinopse Martín Lobo chega a Lugo dende o Uruguai para adestrar o Club Baloncesto Breogán, o equipo de baloncesto da cidade. Ten moi pouca experiencia, polo que mantén o anterior adestrador como axudante e, mentres tanto, intenta aprender con vídeos e libros. Non obstante, a película revela gradualmente que o verdadeiro motivo da súa chegada a España é reencontrarse cun antigo amor.

Elenco + Actor Personaxe Federico Luppi Martín Lobo Charo López Pomba Antonio Resines Ramón Assumpta Serna Luz Jim Wright Art Davies Francisco Rabal Domingo Ferreiro Agustín González Bravo Ortiz Haydée Padilla

Recepción crítica La vieja música tivo unha acollida moi boa a nivel nacional debido á súa trama pouco común, pero especialmente en toda a provincia de Lugo . O feito de que se rodase na cidade galega fomentou un forte sentimento de pertenza entre os lucenses, evocando poderosos sentimentos de fogar e nostalxia. Outro factor que reforzou este apoio por parte do público lucense foi a inclusión do CB Breogán como un dos elementos centrais da historia, tanto pola presenza do propio club como pola aparición do Pazo dos Deportes e de membros reais do equipo daquela época Tamén recibiu algunhas críticas negativas por parte dalgúns seareiros do Breogán, que consideraban "irrelevante" o papel da institución na película, así como por parte de cinéfilos máis puristas da sétima arte que esperaban algo máis rompedor do recoñecido director español.

Notas

Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Mario Camus Categoría:Filmes rodados en Lugo