Luiz Henrique Eloy Amado, máis coñecido como Eloy Terena, nado na Aldeia Ipegue, no concello de Aquidauana o 2 de febreiro de 1988, é un avogado, antropólogo, investigador, profesor universitario e líder indíxena brasileiro do grupo étnico terena. Traballa principalmente na defensa dos dereitos dos pobos indíxenas no Brasil, onde ten recoñecemento nacional e internacional. Dende xaneiro de 2023 é secretario executivo do Ministerio dos Pobos Indíxenas e, o 31 de marzo de 2026, tomou posesión do cargo de ministro, substituíndo a Sônia Guajajara.

Traxectoria Terena naceu na aldea de Ipegue, terra indíxena Taunay-Ipegue, en Aquidauana, Mato Groso do Sur, o 2 de febreiro de 1988. É fillo de Simão Amado, natural da Aldeia Colônia Nova, fundada polo seu avó Manoel Amado. A súa nai é Zenir Eloy, natural da Aldeia Ipegue. Os pais casaron en 1980 e divorciáronse en 1991. Ten tres irmás, Val, Simone e Glaucinéia. Após separarse do marido, Zenir viviu cos fillos en Campo Grande, traballando como empregada doméstica.Amado, Luiz Henrique Eloy. Vukápanavo: O despertar do povo terena para os seus direitos. Movimento indígena e confronto político. Laced / Museu Nacional, 2020, pp. 16-17

Fixo os seus primeiros estudos na escola da aldea, en Campo Grande estudou na Escola Municipal Frederico Soares, e concluíu o Ensino Medio na Escola Estatal Arlindo de Andrade Gomes. Inicialmente pretendía facer algún grao en Educación ou Bioloxía e despois volver para a súa aldea, mais influenciado pola súa irmá, acabou optando por Dereito.Mineo, Liz. "Struggling to hold up the sky". The Harvard Gazette, 20 de outubro de 2022 En 2005, presentouse ao exame de acceso a Dereito na Universidade Estatal de Mato Groso do Sur, pero seis meses despois de comezar o curso recibiu unha bolsa completa do Programa Universidade para Todos, transferíndose á Universidade Católica Dom Bosco, onde se graduou.

Durante o curso, estimulado polo seu profesor, o historiador Antonio Brandi, entrou en contacto coas loitas dos pobos indíxenas e pasou a se interesar polos dereitos dos pobos indíxenas. Fixo unha mestría en Desenvolvemento Local na mesma Universidade, e sufriu persecución.Cartas Indígenas do Brasil. "Eloy Terena". CNPq / CAPES / UFBA / NEAI, consulta o 30 de xaneiro de 2026"Eloy Terena: o advogado que marcou o direito indígena". O Estado de Minas, 8 de agosto de 2020

Nese momento xa era recoñecido nacionalmente como avogado,"Advogado Terena lidera defesa das causas indígenas no país". Revista Exame, 15 de agosto de 2014 a partir de 2012 foi membro da Comisión Especial de Defensa dos Dereitos dos Pobos Indíxenas do Consello Federal da Orde dos Avogados do Brasil, daba asesoría xurídica para varias comunidades e entidades indíxenas e indixenistas, como o Consello Aty Guasu Guarani Kaiowá, o Consello do Pobo Terena e o Consello Indixenista Misionario (CIMI),"Advogado terena dedica a carreira em defesa dos indígenas em MS". G1, 18 de abril de 2013"Conselho do Povo Terena realiza 6ª Grande Assembleia a fim de debater temas como território, saúde e educação". Conselho Indigenista Missionário, 12 de novembro de 2014Aparicio, Miguel. "Indígenas que subvertem a velha divisão entre antropólogos e nativos". Nexo Políticas Públicas, 12 de xullo de 2021 organizaba cursos para formación de liderado, xa defendera casos no Tribunal Federal Supremo e, nun artigo de 2014 na revista Exame, foi citado como "unha figura fundamental no movemento indíxena debido ao seu traballo exclusivo na defensa dos dereitos dos pobos indíxenas no país. Un dos seus maiores éxitos saíu á luz en 2013, cando conseguiu revogar unha decisión xudicial que expulsaba varias comunidades das terras tradicionais que recuperaran". Durante este período, continuou a sufrir persecución e ameazas. En 2014, foi acusado nunha Comisión de Investigación Parlamentaria da Asemblea Lexislativa de Mato Groso do Sur por presuntamente incitar á recuperación de terras indíxenas. As entidades rurais abriron un proceso para suspender a defensa da súa tese de mestrado, que ía ter lugar nunha aldea terena, pero isto foi rexeitado por infundado polos tribunais. Entre 2014 e 2015, a Comisión de Asuntos Agrarios e Agroindustria da OAB-MS (Colexio de Avogados Brasileiro de Mato Groso do Sur) abriu dous procesos para revogar o seu rexistro profesional, cuestionando a veracidade da súa identidade indíxena e alegando que as súas accións violaban o Código de Deontoloxía da profesión xurídica e o Estatuto da OAB, ambos cualificados como "irrelevantes" e rexeitados pola OAB nacional.Dias, Aliny Mary. "Pedido de comissão para cassar advogado terena é impertinente, diz OAB". Correio do Estado, 6 de outubro de 2015Santos, Marcelo Brito dos. "Carta da Fian em solidariedade aos advogados Rogério Batalha e Luiz Henrique Eloy Terena". Conselho Indigenista Missionário, 9 de outubro de 2015"Famasul e Acrissul contra um advogado Terena no MS". Conselho Indigenista Missionário, 30 de setembro de 2015 Segundo a presidenta da Comisión de Asuntos Indíxenas da OAB-MS (Asociación Brasileira de Avogados de Mato Grosso do Sur), Sâmia Barbieri, as acusacións contra Terena eran "infundadas e froito dunha persecución política".

Continuando os seus estudos, recibiu unha bolsa de investigación no Museo Nacional e defendeu alí a súa tese doutoral en Antropoloxía Social en 2019, en 2019, completou unha bolsa posdoutoral na Universidade de Brandon, no Canadá, onde investigou os conflitos territoriais indíxenas. en 2022, obtivo o doutoramento en Socioloxía e Dereito pola Universidade Federal Fluminense coa tese "O campo social do Dereito e a teoría do Dereito Indíxena". e obtivo un posdoutoramento en Ciencias Sociais pola École des Hautes Études de París. Asumiu a coordinación xurídica da Articulación dos Pobos Indíxenas do Brasil (APIB), e actuou como avogado para APIB e CIMI en representacións ante o Supremo Tribunal Federal, a Corte Interamericana de Dereitos Humanos e a Corte Penal Internacional."Luiz Eloy Terena". Pontifícia Universidade Católica do Paraná, consulta o 30 de xaneiro de 2026 miniatura|Eloy Terena participando do Seminario Inmersión Indíxena, en 2022.

Foi unha figura clave na defensa dos pobos indíxenas durante a pandemia da COVID-19, cando aumentaron os casos de violencia contra os pobos indíxenas. Foi o responsable da impugnación legal dun precepto fundamental que levou ao Supremo Tribunal Federal a obrigar o goberno de Jair Bolsonaro a adoptar medidas para protexer os pobos indíxenas contra a enfermidade. Foi a primeira vez que un avogado indíxena gañou un caso de xurisdición constitucional neste Tribunal. Denunciou a "política de exterminio indíxena" promovida polo goberno no Consello de Dereitos Humanos da ONU.

Tamén foi membro da Coordinación de Organizacións Indíxenas da Amazonia Brasileira e do Grupo de Traballo sobre Dereitos Indíxenas: Acceso á Xustiza e Singularidades Procesuais do Consello Nacional de Xustiza,"Nota de congratulação a Luiz Henrique Eloy Amado (Ministério dos Povos Indígenas)". Programa de Pós-Graduação em Antropologia Social | Museu Nacional | UFRJ, 6 de xaneiro de 2023 da Rede Nacional de Avogados e Avogadas Populares, e foi socio fundador do Núcleo de Defensa e Asesoría Xurídica Popular de Mato Groso do Sur."Povos indígenas e diretos – Atividades com Luiz Henrique Eloy Amado" . Universidade Federal de Pelotas, 17 de xullo de 2019

É profesor na Escola Federal de Maxistrados da 1ª Rexión"Portaria ESMAF-TRF1 Nº 007/2023 designa nomes para integrarem o Corpo Docente da ESMAF-TRF1". Tribunal Regional Federal da 1ª Região, 15 de maio de 2023 e da Pontificia Universidade Católica do Paraná, profesor convidado, visitante ou colaborador de varias universidades, coordinador académico do Programa Pobos, Dereitos e Territorios da Pontificia Universidade Católica do Río de Xaneiro, investigador asociado do Laboratorio de Investigación en Etnicidade, Cultura e Desenvolvemento do Museo Nacional, membro do Observatorio Fundiário Fluminense da Universidade Federal Fluminense, da Comisión de Asuntos Indíxenas da Asociación Brasileira de Antropoloxía, e do Grupo de Traballo Pobos Indíxenas e Tortura da Organización Mundial de Combate á Tortura."Aula inaugural com Luis Eloy Terena" . Pontifícia Universidade Católica do Río de Xaneiro, 30 de marzo de 2023 Desenvolveu moitos proxectos de investigación e publicou mouitos traballos.

En 2022, uniuse ao equipo de transición do candidato presidencial electo, Luiz Inácio Lula da Silva, representando a Mato Groso do Sur no Grupo Técnico de Pobos Indíxenas,"Eloy Terena é escolhido para assumir Ministério dos Povos Indígenas". O Pantaneiro, 23 de novembro de 2022 sendo despois indicado para o cargo de secretario-executivo do Ministerio dos Pobos Indíxenas, e tomando posesión en xaneiro de 2023. En varias ocasións, asumiu a dirección interina do Ministerio durante as ausencias da ministra Sônia Guajajara."Eloy Terena assume ministério durante viagem de Sonia Guajajara". Campo Grande News, 27 de novembro de 2023"Ministro dos Povos Indígenas substituto recebe ministro irlandês em reunião bilateral sobre situação indígena no Brasil" . Ministério dos Povos Indígenas, 15 de marzo de 2024"Termo de execução descentralizada nª 06 de 2024". Ministério dos Povos Indígenas, 17 de xullo de 2024"Ministério dos Povos Indígenas". Diário Oficial da União, 18 de novembro de 2024, p. 111"Ministério da Gestão e da Inovação em Serviços Públicos". Diário Oficial da União, 27 de xuño de 2025, p. 5

Coa dimisión da ministra Sônia Guajajara para presentarse ás eleccións de 2026, o presidente Lula confirmou que Eloy Terena asumiría o cargo, tomando posesión o 31 de marzo de 2026.Cambraia, Duda. "Guajajara passa chefia do ministério dos Povos Indígenas a Eloy Terena". CNN Brasil, 31 de marzo de 2026

Eloy Terena tamén é un babalorixá da tradición candomblé de Angola, liderando o terreiro Izo Malembá no barrio Jardim Inápolis de Campo Grande."Candomblé quebra protocolo com vozes indígenas contra o racismo". Campo Grande News, 28 de marzo de 2026

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pobos indíxenas do Brasil Xenocidio indíxena no Brasil

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Aquidauana Categoría:Pobo terena Categoría:Avogados do Brasil Categoría:Antropólogos do Brasil Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas Categoría:Alumnos da Universidade Católica Dom Bosco Categoría:Alumnos da Universidade Federal do Río de Xaneiro Categoría:Alumnos da Universidade Federal Fluminense Categoría:Ministros dos Pobos Indíxenas do Brasil