O Servizo Madrileño de Saúde (en ; SERMAS) é o ente de dereito público encargado do sistema de prestacións sanitarias na Comunidade de Madrid. Forma parte do Sistema Nacional de Saúde de España.

Historia En 1986 a Lei Xeral de Sanidade configurou o novo módulo de organización sanitaria española, coa creación do Sistema Nacional de Saúde, e definiu o concepto de servizo sanitario público que debe prestar o estado.Jefatura del Estado. Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad. BOE. 29/04/1986; (102):15207-24.

O 27 de decembro de 2001 traspasáronse á Comunidade de Madrid as funcións e servizos do extinto Instituto Nacional da Saúde (Insalud).Real Decreto 1479/2001, de 27 diciembre de 2001, sobre traspaso a la Comunidad de Madrid de las funciones y servicios del Instituto Nacional de la Salud. Ministerio de Administraciones Públicas. BOE. 28/12/2001; (311):50033-8.

Durante 2010 levouse a cabo unha reestruturación das xerencias, desaparecendo a separación entre atención primaria e atención especializada, e agrupando as 11 áreas sanitarias en 7 direccións asistenciais, denominándoas Centro, Norte, Leste, Sueste, Sur, Oeste e Noroeste. Á súa vez, estas divídense en 286 zonas básicas de saúde, no que adoita haber un centro de saúde ou un consultorio por cada zona básica de saúde. S.G. de Información Sanitaria. Ordenación Sanitaria del Territorio en las comunidades autónomas. Sistema de Información de Atención Primaria (SIAP). Madrid: Ministerio de Sanidad; 2022.

Funcións As funcións que ten asignadas o Sermas no eido da Comunidade de Madrid son:

A xestión dos servizos e a prestación de asistencia sanitaria nos seus centros e servizos asistenciais. A xestión e execución das actuacións e programas institucionais para a promoción e protección da saúde, prevención de doenzas, asistencia sanitaria e rehabilitación.

Notas

Categoría:Saúde pública Categoría:Saúde en España