A inmigración salvadoreña en España é o movemento migratorio de cidadáns do Salvador, en América Central, cara ao Reino de España, na Península Ibérica. Representa a segunda comunidade de salvadoreños máis numerosa do continente europeo só superada pola comunidade de salvadoreños en Italia. Calculáronse 20.000 persoas no ano 2020, aínda que se estima que esta cifra, en realidade, se multiplica por varias unidades, pois moitos deles están á espera de regularizar a súa situación no país e non figuran no sistema.
Historia A presenza de salvadoreños en España, aínda que exigua ou escasa en termos absolutos, remóntase aos tempos nos que o Imperio Español dominaba gran parte de América. Ese fluxo foise mantendo con sucesivos altibaixos ao longo de séculos sucesivos e acentuouse a partir da década de 2010, mostrándose como destinos preferentes as cidades de Madrid e Barcelona, con notable diferenza sobre o resto de cidades e vilas do país.
Motivacións Os motivos de chegada son diversos: solicitude de asilo político, procura dun mellor nivel económico que no país de orixe, reagrupación familiar, etcétera.
Obsérvase un maior número de mulleres ca homes, isto pódese deber á maior demanda de postos de traballo relacionados co coidado de nenos e de persoas da terceira idade, para os cales tradicionalmente se acudiu á figura feminina.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Relacións España-O Salvador
Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora salvadoreña Categoría:Historia do Salvador