A Texas Petroleum Company ou Texaco Petroleum Co., é unha compañía petroleira estadounidense con sede en Nova York. Fundada en 1902 como The Texas Company, adoptou o seu nome de Texaco en 1959. É unha filial da Chevron.
O seu obxecto social é a produción e comercialización de petróleo e produtos derivados.
Historia miniatura|Póster publicitario de Texaco (1928)|esquerda Subministrou petróleo ao bando rebelde durante a Guerra Civil española. Noam Chomsky, Estados fallidos: el abuso de poder y el ataque a la democracia, Barcelona, Ediciones B, 2007, p. 77. En concreto, proporcionoulle a Franco un total de 1.886.000 toneladas de petróleo cru, violando así a Lei de Embargo do 7 de xaneiro de 1937 aprobada polo Congreso dos Estados Unidos que prohibía a venda de combustible a España.
En función do seu volume de vendas (31.613 millóns de dólares) ocupou o terceiro posto entre as maiores compañías petroleiras dos EUA en 1986. Ese ano, obtivo beneficios netos de 725 millóns de dólares e empregou a 51.978 empregados. En febreiro de 1984, adquiriu a petroleira Getty Oil.
Texaco extraeu petróleo como monopolio na Amazonia ecuatoriana de 1967 a 1990 xunto coa empresa local Petroecuador. O seu propósito era subministrar combustible ao Ecuador. Após importantes problemas de saúde pública debidos á contaminación, os pobos indíxenas representados polo avogado local Pablo Fajardo, presentaron unha demanda multimillonaria contra a empresa. Esta demanda utilizou como proba o chamado informe Yana Curi de Miguel San Sebastián. Un tribunal de distrito dos Estados Unidos fallou en contra de Chevron e a favor de Petroecuador, liberando a esta última da demanda, considerándoa non responsábel dos termos dun contrato que non asinou. Este veredicto foi confirmado polo Tribunal de Apelacións de Nova York. Finalmente, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos rexeitou a apelación final de Chevron, ratificando a decisión do tribunal inferior a favor de Petroecuador.
En 2001 fusionouse con Chevron Corporation para formar ChevronTexaco e en 2007 pasou a coñecerse simplemente como Chevron Petroleum Company.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Coalición Global do Clima Chevron
Ligazóns externas Texaco (en inglés)
Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América Categoría:Petroquímica