O bactoprenol, tamén coñecido como dolicol-11 e (co nome isomericamente máis vago) alcohol isoprenílico C55 (C55-OH), é un lípido que foi identificado por primeira vez en certas especies de Lactobacillus. É un alcohol hidrófobo moi importante para o crecemento da parede celular de peptidoglicano das bacterias grampositivas.

Todos os dobres enlaces están en configuración Z excepto os tres ω-terminais, que derivan biosinteticamente do (E,E)-farnesil difosfato.

Distribución O bactoprenol é un lípido sintetizado a partir do ácido mevalónico e é o lípido máis abundante atopado nalgunhas especies de lactobacilos. O bactoprenol atópase nas membranas mesosómicas e plasmática. O bactoprenol mesosómico e da membrana plasmática sintetízanse independentemente.

Función O bactoprenol pénsase que xoga un papel clave na formación da parede celular nas bacterias grampositivas ao ciclar os monómeros de peptidoglicano a través da membrana plasmática e inserindo estes monómeros nos puntos de crecemento na parede celular bacteriana.

Importancia na acción dos antibióticos Como o bactoprenol é tan importante para o crecemento celular, numerosos compostos antibióticos funcionan distorsionando a vía de transporte mediada polo bactoprenol. Esta estratexia foi primeiramente identificada estudando o mecanismo do antibiótico friulimicina B. Desde entón, identificáronse outros antibióticos que fan uso dun mecanismo similar, incluíndo a nisina e lantibióticos como o NAI-107.

Notas

Categoría:Alcohois graxos Categoría:Terpenos