Donkervoort Automobielen BV é un fabricante holandés de automóbiles deportivos ultralixeiros e construídos a man con sede en Lelystad, Países Baixos. A marca de automóbiles foi fundada en 1978 por Joop Donkervoort. A empresa é coñecida polos seus coches deportivos de alto rendemento pois, debido aos seus deseños ultralixeiros, algúns modelos alcanzan o 0-100 km/h en 2,5 segundos e chega a 200 en 7,5 segundos.
Historia A historia da empresa remóntase a 1978, cando Joop Donkervoort era, fundamentalmente, un importador de pezas de automóbiles. Porén, cando descubriu que necesitaba facer modificacións significativas para legalizar a circulación de coches ensamblados na rúa, comezou a construír os primeiros coches e o seu primeiro coche deportivo baseouse no Lotus Seven, marcando o comezo da exitosa empresa de coches deportivos de alto rendemento que leva o seu nome. En 1983, Donkervoort trasladou a súa sede de Tienhoven a unhas instalacións de produción máis grandes en Loosdrecht, seguido doutro traslado no ano 2000 á súa sede e fábrica actuais en Lelystad.
Desde a súa fundación, a empresa produciu unha variedade de vehículos: Donkervoort S7 (1978 a 1984), Donkervoort S8 (1984 a 1994), Donkervoort D10 (1988), que se produciu para o décimo aniversario de Donkervoort, e Donkervoort D8 (1993-2002), que é o modelo máis exitoso da empresa e que fora redeseñado polo fundador Joop Donkervoort. Desde 2022, a empresa deixou de producir o D8 e presentou un novo modelo, o F22, do que só se fabricaron 75 unidades a un prezo de 257.000 dólares, máis outros 100.000 de escoller algunhas opcións. No 2023, presentou o o F22 Bare Naked e, no 2024, o P24 RS.
Donkervoort usa materiais como o plástico reforzado con fibra de carbono (CFRP) e outros materiais compostos modernos para os seus coches ultralixeiros.
Mentres que os primeiros modelos da serie S en 1978 estaban impulsados por motores Ford, desde 1998 os modelos da serie D están impulsados exclusivamente por motores Audi tras a sinatura dun acordo comercial.
En 2021, Joop Donkervoort deixou a súa empresa, cedendo a propiedade ao seu fillo, Denis.
En xullo de 2022, Donkervoort anunciou a súa entrada no mercado norteamericano, estando dispoñible como marca de automóbiles nos Estados Unidos, e que está a expandir as súas localizacións e servizos en todo o mundo.
Filosofía A filosofía da marca é "sen concesións", é dicir, a deportividade e o pracer do automóbil levado ao extremo, sen concesións. A diferenza dos coches modernos, os vehículos Donkervoort non empregan sistemas de freos antibloqueo (ABS) nin programas electrónicos de estabilidade (ESP). Só se ofrecen como opcións o control de tracción axustable, a función de conmutación a toda potencia e o control de lanzamento.
Os lemas de Donkervoort son "sen concesións" e "máis que unha empresa de coches deportivos". O primeiro lema significa que a empresa fabrica os seus vehículos a man sen investimento estranxeiro adicional e o segundo lema significa que non é só unha empresa de coches deportivos, senón que a empresa pode construír os coches como os condutores queiran que sexan.
Modelos AutomóbilImaxePeríodoMotorPotenciaS7centro|senmarco1978–1984Motor Ford OHV 1.6 L OHV66 kWS8centro|senmarco1980–1984Motor Ford OHC 2.0 L 76 kWS8Acentro|senmarco1985–1993Motor Ford OHC 2.0 L86 kWS8ATcentro|senmarco1986–1994Motor Ford OHC Turboalimentado 2.0 L Motor Garrett T3 Turboalimentado con intercooler125 kWMotor Ford OHC Turboalimentado 2.2 L Garrett T3 Turboalimentado con intercooler140 kWD101988–1989Motor Ford OHC Turboalimentado 2.2 L (2.160 cc) (Garrett T3)140 kWD8 Zeteccentro|senmarco1993–1998Motor Zetec 1.8 L 16V103 kWMotor Zetec 2.0 L 16V118 kWD8 Cosworthcentro|senmarco1994–1998Motor Cosworth YB Turboalimentado 2.0 L DOHC 160 a 210 kWD8 Audi (AGU)centro|senmarco1999–2002Motor Audi Turboalimentado 1.8 L 20vT110 a 180 kWD8 Audi (E-gas)centro|senmarco2003–2012Motor Audi Turboalimentado 1.8 L 20vT110 a 200 kWD8 270 RScentro|senmarco2005–2007Motor Audi Turboalimentado 1.8 L 20vT, condución por cable199 kWD8 270centro|senmarco2008–2012Motor Audi Turboalimentado 1.8 L 20vT, condución por cable199 kWD8 GTcentro|senmarco2007–2012Motor Audi Turboalimentado 1.8 L 20vT, condución por cable199 kWD8 GTOcentro|senmarco2013–2022Motor Audi Turboalimentado 2.5 L TFSI 5-cilindros250 to 280 kWD8 GTO RScentro|senmarco2016–2022Motor Audi Turboalimentado 2.5 L TFSI 5-cilindros386 kWD8 GTO 40centro|senmarco2018Motor Audi Turboalimentado 2.5 L TFSI 5-cilindros283 kWD8 GTO JD-70centro|senmarco2019Motor Audi Turboalimentado TFSI 5-cilindros305 kWD8 GTO JD-70 R2020Motor Audi Turboalimentado TFSI 5-cilindros310 kWD8 GTO Individual Seriescentro|senmarco2021–presenteMotor Audi Turboalimentado TFSI 5-cilindros325 kWF22centro|senmarco2022–presenteMotor Audi Turboalimentado TFSI 5-cilindros367 kWF22 Bare Naked2023-presenteMotor Audi Turboalimentado 2,5 l R5 5-cilindrosP24 RS2024-presente
Modelos anteriores
Donkervoort S7/S8
Donkervoort S7 Foi o primeiro Donkervoort, o S7, presentouse en 1978. Trátase dun deportivo ultralixeiro fabricado en Tienhoven entre 1978 e 1982. Foi substituído polo Donkervoort S8 a finais de 1983. Estes coches tiñan un motor Ford Crossflow OHV de 1,6 litros con 90 CV (66 kW) e unha transmisión manual de catro velocidades ou un motor Ford OHC de 2,0 litros con 110 CV (82 kW). Mecanicamente, o coche utilizaba un eixo dianteiro Triumph e un eixo traseiro Escort. A velocidade máxima era de 170 km/h (106 mph).Mastrostefano (1985), p. 261
Donkervoort S8/S8A Introducidos a finais de 1983, o S8 e posteriormente o S8A foron os primeiros Donkervoort destacados, sendo o "Eight" unha mellora con respecto ao Lotus Seven. Coas mesmas dimensións que o Donkervoort Super Seven, estes coches utilizaban orixinalmente un motor de catro cilindros en liña de dous litros de Ford Europa. En 1985, o S8, mellorouse cunha caixa de cambios de cinco velocidades, un eixo dianteiro Donkervoort e un eixo traseiro do Ford Capri. O S8A tamén se introduciu ese ano cunha vía dianteira máis ancha e unha suspensión traseira independente, que se distinguía por un estilo renovado e unha nova fabricación con adhesivos. A produción do S8 rematou en 1989 e o S8A deixou de producirse en 1993.
Donkervoort S8AT En resposta á necesidade de máis potencia, introduciuse unha versión turboalimentada do S8A en 1986; este coche era identificable pola profusión de varias saídas de aire e aberturas para arrefriar o motor. A potencia de saída aumentou a 170 CV (130 kW). O S8AT mellorouse en 1988, recibindo o chasis e un motor máis grande do D10 ata que se deixou de fabricar en 1994.
Donkervoort D8
Donkervoort D8 Zetec (1993-1998) A partir de 1993, construíuse o novo D8, marcando o cambio continuo de ser simplemente unha copia do Super Seven. Os primeiros D8 foron os últimos Donkervoort en recibir motores Ford; versións de 1,8 e 2,0 litros da familia Zetec. Donkervoort ofreceu unha versión "Sport" que cambiou a garda-lamas dianteiros de estilo motociclista e reduciu o peso mediante o uso de pezas de carrocería de fibra de carbono.
Donkervoort D8 Cosworth (1995-1998) O D8 tamén foi equipado co motor Cosworth YB turboalimentado de 2,0 litros a partir de 1995.
Donkervoort D8 Audi (1999–2008) Durante 1999, Donkervoort cambiou de Ford ao motor R4 turboalimentado de 1,8 litros e 20 válvulas de Audi, dispoñible nunha variedade de potencias que van dende os 150 ata os 245 CV (110 ata os 180 kW).
Donkervoort D8 Audi (E-gas) Wide Track (2003–2012) Desde 2003, o Donkervoort está equipado co motor turboalimentado Audi 1.8T 20V E-gas (acelerador electrónico). No D8, o motor está dispoñible con 150 CV, 180 CV, 210 CV e 270 CV. Grazas ao seu peso total de 630 kg, isto resulta nun tempo de aceleración de 0 a 100 km/h entre 3,8 e 5,2 segundos dependendo do tipo. Os modelos de pista ancha pódense distinguir dos modelos anteriores con motor Audi pola disposición das luces dianteiras.
Donkervoort D8 270 (2008–2012) O Donkervoort D8 270 está dispoñible desde o verán de 2008. Esta versión da serie D8 converteuse na sucesora do D8 270 RS, a edición limitada que se presentou en 2005 e que estaba restrinxida a 25 unidades numeradas. O D8 270 ten un morro e unha grella rediseñados que fan referencia directamente ao D8 GT e acelera de 0 a 100 km/h en 3,6 segundos.
Este coche foi o sétimo coche de produción máis rápido no famoso Nordschleife de Nürburgring en 2011, con 7 m 14,9 s.
Donkervoort D8 GT (2007–2012) O Donkervoort D8 GT, presentado en 2007, é o primeiro Donkervoort pechado. En comparación coa versión aberta do D8, o D8 GT ten unha suspensión dianteira e traseira completamente novas, un ancho de vía maior en 8 centímetros, freos máis grandes para unha maior potencia de freada e rodas de aluminio de 17 polgadas. Cun peso total de 650 kg, o D8GT é o GT máis lixeiro do mundo. Isto débese en gran parte ao amplo uso de fibra de carbono: todo o teito, toda a parte traseira e as portas e gardalamas do coche están feitos deste material.
Donkervoort D8 GTO
Donkervoort D8 GTO (2013–2022) O Donkervoort D8 GTO é unha creación completamente nova. O motor, un motor Audi turboalimentado de 5 cilindros e 2,5 L TFSI, ten unha potencia de 250-280 kW (340-380 CV/335-375 CV) e 450 Nm de par a 1600 rpm, e o coche enteiro pesa menos de 700 kg. Este baixo peso débese a materiais compostos como a carrozaría de fibra de carbono do D8 GTO. Cunha relación potencia-peso de só 1,8 kg/CV, o coche acelera de 0 a 100 km/h en 2,8 s e de 0 a 200 km/h en só 8,6 s.
Os primeiros GTO producíronse nunha serie limitada de 25 Premium D8 GTO en 2013. A produción do D8 GTO normal, dispoñible en versión Touring ou Performance, comezou en 2014.
Donkervoort D8 GTO RS (2016–2022) Donkervoort presentou o D8 GTO RS en outubro de 2016 como sucesor do seu D8 270 RS. Donkervoort afirma que reduciron o coeficiente de resistencia do D8 GTO nun 20 por cento. O GTO RS ofrece un novo sistema de suspensión como opción adicional e tamén unha configuración de transmisión automática de dobre embrague. Non é legal para circular na rúa.
Donkervoort D8 GTO Serie Individual (2021) En xullo de 2021, Donkervoort anunciou no seu sitio web que lanzaban un vehículo máis novo e o seu lema era "Calquera empresa pode vender os seus coches. Só Donkervoort pode crear o teu coche: a elección é túa". O modelo da serie D8 GTO Individual lanzouse o 9 de setembro de 2021 e foi o primeiro modelo Donkervoort dispoñible en cor púrpura.
Modelos actuales
Donkervoort F22 (2022) Donkervoort anunciou en outubro de 2022, no seu sitio web, que puxera fin á produción da serie D8 e que planeaba producir un novo modelo, o Donkervoort F22. Pesaba menos de 800 kg e tiña características semellantes aos modelos anteriores. Posteriormente, nun comunicado de prensa en novembro do mesmo ano, proporcionaron máis detalles anunciando o lanzamento do F22 para o 10 de decembro de 2022. Donkervoort afirmou que o F22 era máis rápido, máis grande, máis ríxido e máis eficiente que o D8 GTO. Os informes iniciais, que afirmaban que o F22 pesaría menos de 1.000 kg e anunciaban con audacia que "valería a pena o peso", provocaron especulacións de que o F22 sería considerablemente máis pesado que o D8 GTO Donkervoort aclarou máis tarde que o peso obxectivo era "considerablemente inferior a" 800 kg.