El Hierro é unha illa española situada no océano Atlántico, a máis meridional do arquipélago das Canarias. Pertence á provincia de Santa Cruz de Tenerife e a súa capital é Valverde, municipio onde se sitúan o Porto de la Estaca e o Aeroporto de El Hierro. Está formada polos municipios de Valverde, La Frontera e El Pinar de El Hierro.

O 22 de xaneiro de 2000 a illa foi declarada pola UNESCO como Reserva da Biosfera, recoñecemento que tamén ostentan as illas de La Palma e Lanzarote. Na actualidade desenvólvese un plan impulsado polo Ministerio de Fomento para convertela na primeira illa do mundo en abastecerse totalmente de enerxías renovables.«El Hierro será la primera isla del mundo que se abastecerá al 100% con energías renovables»

Os primitivos habitantes denominábanse bimbaches.

Xeografía esquerda|miniatura|Imaxe satélite da illa de El Hierro. A illa ten unha superficie de 268,71 km²,Instituto Geográfico Nacional: Islas e islotes con superficie superior a 1 Km² cunha poboación de 10.679 habitantes (2017), o que resulta nunha densidade de 39,7 hab./km². De orixe volcánica, o punto de maior altitude da illa é o pico de Malpaso, con 1.501 m sobre o nivel do mar. As coordenadas centrais da illa son 27°44′ N e 18°3′ O.

Punta da Orchilla é o punto máis occidental de toda España; o meridiano que por aquí pasa foi escollido por Xerardo Mercator como meridiano de referencia, é dicir, como meridiano cero.

Xeoloxía Formación da illa miniatura|250px|Paisaxe no oeste da illa El Hierro, como todas as Canarias, é unha illa de orixe volcánica. Cóidase que ten unha idade xeolóxica de 1,2 millóns de anos, polo que é a illa canaria máis nova. Ao contrario do resto das illas, que se encontran nunha terceira fase de creación, El Hierro segue a manterse na primeira. Cando o magma rompeu o fondo mariño, orixinouse unha fenda en forma de "Y" pola que comezou a xurdir lava. A fase máis activa da formación da illa vénse localizando arredor do 10000 a.C. As erupcións máis recentes duraron desde o 4.000 a.C. até o 1000 a.C.. A illa foi collendo a forma de "Y" deixada polas fendas no leito mariño. As coladas de lava cubriron as zonas costeiras do Sur e do Oeste da illa, mais tamén da zona norte. As diferentes erupcións foron expulsando máis materiais, que foron acrecentando o tamaño da illa. En 1793 segundo as crónicas tivo unha serie de fenómenos sísmicos na zona de El Verodal ou Lomo Negro aínda que en ningún dos documentos da época se rexistrou erupción ningunha. El Hierro é a illa con maior densidade de volcáns das Canarias, existindo máis de 500 cráteres a ceo aberto e mais outros 300 cubertos por coladas de lava máis recentes. Actualmente existen 70 covas e tubos volcánicos catalogados, destacando a Cueva de Don Justo con 6 quilómetros de lonxitude.

Zonas xeolóxicas Ao contrario do resto das illas, o norte de El Hierro posúe poucos barrancos. Na parte central da illa atópase o cume, onde se localizan os picos dos volcáns máis altos. En xeral pódense diferenciar tres rexións xeográficas distintas: a meseta ou planalto do noroeste, o val de El Golfo no nordeste e a zona de pendente moderada (El Julán) no suroeste. Existen grandes diferenzas entre unha zona dada a respecto das demais. En primeiro lugar, El Hierro é moi montañoso tendo en conta a súa área. A cima máis alta é o Pico de Malpaso con 1.500 msnm. O 90% da zona costeira presenta cantís. No centro érguese un planalto, risco no que difire do resto as Illas Canarias. É precisamente nesta zona onde se practica a agricultura. Chairas costeiras só aparecen na zona do Valle del Golfo.

A pesar da súa escasa superficie, El Hierro posúe distintas zonas de vexetación, desde campos de lava desérticos até bosques de laurisilva, pasando por piñeirais, pasteiros e plantacións de plátanos e ananás. No sur da illa áchase a caverna de Cueva de Don Justo, a maior da illa. Está composta dun sistema de tubos volcánicos, formados polo arrefriamento das correntes de lava no exterior. A lava candente do interior do tubo seguiu a fluír até deixalo baleiro. Existen moitos cráteres na illa, que foron utilizados polos bimbaches como refuxios ou lugares para enterramento.

Clima O relevo condiciona o clima de cada zona da illa. Porén, é a nubosidade o factor que xoga o papel máis importante nas variacións climáticas. Os alisios e a Corrente das Canarias, unha bifurcación fría da Corrente do Golfo, que se separa nos Azores, fan que a illa non sufra un clima árido, como vén ocorrer no Sáhara que se acha na mesma latitude. A temperatura da auga mantense nos 18 °C en inverno e nos 20 °C en verán. Isto suaviza as temperaturas costeiras. No ecuador prodúcese un ascenso masivo de aire quente, orixinando unha zona de baixas presións que vén a ser ocupada por outra masa de aire, que subministran os alisios. Esas masas de aire quente que ascenden vanse arrefriando paulatinamente, diríxense a bastante altura en sentido contrario ao dos alisios, e cara ás latitudes subtropicais, de onde proceden estes. Os alisios transportan nubes cargadas de auga cara ás cimas de El Hierro, onde xeran chuvascos. A zona sur da illa, recibe ventos secos e sen nubes polo que a temperatura e a aridez é maior nesa parte.

En verán, a temperatura da costa setentrional sitúase nos 26 °C de media, sendo, porén, a media de 30 °C no sur. Valverde, que está a 600 msnm, ten unha temperatura media, en verán, de 18 °C. En inverno, a temperatura media da costa norte ponse en 20 °C mentres que na costa meridional é de 21,5 °C. En Valverde, porén, a media baixa até os 11,5 °C. As precipitacións invernais en Valverde ascenden a 80 mm mensuais, en tanto que no Sur só atinxen 25 mm mensuais. En verán apenas chove no sur, mais en Valverde rexístranse 5 mm mensuais.

Flora A pesar de que El Hierro se atopa na zona de influencia dos ventos alisios, a vexetación non é tan frondosa como nas illas veciñas de La Palma, Tenerife e La Gomera. A razón disto é a mocidade da illa, que aínda está cuberta en gran parte por campos de lava novos. Os bosques que cubrían a meseta central da illa desapareceron debido á talla e á erosión do terreo. No entanto, aínda pervive unha gran cantidade de especies endémicas. Exemplos diso son os fósiles vivos, como o drago e os fentos. Restos fósiles mostran que a variedade de plantas existentes no pasado procedían da zona mediterránea, onde proliferaban hai un millón de anos. No Mediterráneo extinguíronse durante o Período cuaternario, co comezo da última glaciación. Debido á diferenza de condicións climáticas estas especies perduraron na zona atlántica. No Hierro, debido ao illamento, algunhas delas transformáronse ata dar lugar a endemismos. En total, na illa atópanse 150 especies endémicas das Canarias, das cales 11 só se atopan en El Hierro. Trátase de especies de crasuláceas, liques, cardóns e Echium que crecen nas paredes dos cantís.

A cota de altitude é decisiva para o desenvolvemento da vexetación. A costa árida atópase ata os 400 msnm, dos 400 a 800 metros atópase a zona semihúmida e dos 800 aos 1.500 atópase a zona húmida.

Zona árida Nas costas, as plantas nútrense principalmente do orballo nocturno, por iso as especies máis comúns son as crasuláceas, especialmente do xénero Aichryson, coñecidas como suculentas pola súa forma de almacenar auga. Outra das plantas características da zona é a tabaiba. O mollo da tabaiba doce (Euphorbia balsamifera) era usado polos bimbaches como unha especie de goma de mascar que acougaba a sede. O mollo do cardón usábano como veleno para a pesca. O cardón pódese observar en El Hierro especialmente nos riscos da zona de Las Playas, que tamén recibe o nome de Los Cardones. Tamén nas zonas costeiras crece outro xénero de plantas carnosas resistentes á escaseza de auga.

Zona semihúmeda miniatura|250px|Exemplar de Sabina. Nesta zona, que comeza entre os 200 e 400 msnm, habitan colonias de plantas suculentas e outras plantas de folla ancha. Tamén crecen cactos e agaves. Os exemplares endémicos do xénero Aeonium son os Aeonium hierrense e Aeonium valverdense. Os especímes de ágave que se atopan nesta zona foron introducidos desde América, especialmente da zona de México. Outras especies son a palmeira canaria, a penca, e as sabinas. As poucas sabinas que quedan na actualidade atópanse deformadas polos fortes ventos que azoutan a zona. Son os restos dun antigo bosque con cubría toda a parte central da illa.

Zona húmida Nesta zona, que se desenvolve entre os 800 e os 1.500 metros de altitude é onde se rexistran as maiores precipitacións. Os bosques de laurisilva, tamén coñecidos como monteverde son a nota característica da zona. No entanto, a concentración é menor que en La Gomera e La Palma.

No interior da illa, ao norte de San Andrés, a unha altitude de 1000 metros atópase un dos símbolos da illa, o Garoé ou Árbore Santa. O Garoé era unha árbore santa para os bimbaches. O exemplar actual foi plantado en 1957. O orixinal era un exemplar de tileiro que foi derrubado por unha tormenta en 1610. Hai un pequeno centro de información turística onde se explica a función que tiña esta árbore na sociedade guanche, pois debido á condensación da auga das nubes nas súas follas provía de auga aos bimbaches. O escudo actual da illa mostra ao Garoé no centro.

Fauna Réptiles miniatura|Lagarto pequeno das Canarias (Gallotia caesaris). Os lagartos son, xunto coas ras os animais máis comúns de El Hierro. De entre eles destaca o Tarentola boettgerio unha especie de geko endémico. Os lagartos da illa están emparentados cos do continente africano. A especie máis común é o lagarto pequeno das Canarias, unha especie endémica de El Hierro e La Gomera, que alcanza ata 35 centímetros de lonxitude. Tamén se observan colonias de lisas douradas nas zonas húmidas da illa. Nas Canarias non existe ningún tipo de serpes. Nas augas costeiras pódense observar exemplares de tartarugas mariñas, especialmente tartarugas mariñas comúns (Caretta caretta) e tartarugas de coiro (Dermochelys coriacea). Estes réptiles pódense considerar os de maiores proporcións do arquipélago.

Lagarto xigante El Hierro é coñecido polo Lagarto Xigante, unha especie de lagarto de grandes proporcións que só se atopa nesta illa. Sábese que na antigüidade se distribuía por toda a illa, debido á ausencia de depredadores. A chegada dos colonizadores españois no Século XV supuxo o retroceso desta especie. A creación de zonas de cultivo e a introdución de gando supuxo unha destrución do hábitat destes lagartos. A introdución do gato foi se cabe máis desastrosa pois comezaron a cazar lagartos debido á facilidade de apresalos. Isto orixinou que a colonia de lagartos xigantes se fose desprazando cara ao norte, ao Val do Golfo e aos Roques de Salmor. Creuse que desapareceran ata que no século XVIII se descubriu unha colonia neses lugares. Unha investigación científica de 1889 outorgoulles o nome de simonyi, en honra ao xeólogo e investigador canario Óscar Simonyi. Os espécimes atopados foron cazados e vendidos a coleccionistas, ata que se chegou a pensar que a especie desaparecera. Na década dos 70, un pastor de cabras atopou por casualidade algúns exemplares na zona de Fuga de Gorreta. A eses exemplares déuselles o nome taxonómico Gallotia simonyi machadori e creouse un lagartario para a súa conservación na zona de Guinea no municipio de Fronteira. As choivas torrenciais caídas en xaneiro de 2007 produciron a morte de moitos dos exemplares do lagartario, atrasando o prazo previsto para sacar a especie da lista de especies ameazadas.

O lagarto xigante, catalogado como especie protexida desde 1975, alcanza 75 cm de lonxitude. Posúe unha cola fina e longa. Aliméntase de insectos e plantas. A época de cría é en maio e un mes máis tarde, a femia deposita 12 ovos nun niño, dos que sairán as crías tras 8 semanas. Non se sabe a expectativa de vida dos lagartos pois ningún dos exemplares do lagartario superou a idade de 35 anos.

Aves