Alexandria Zahra Jones, máis coñecida como Lexi Jones, nada o 15 de agosto de 2000 en Nova York, é unha artista e cantautora británico-estadounidense.

Traxectoria

Familia e primeiros anos Filla do músico inglés David Bowie e da modelo somalí-americana Iman, ten un medio irmán maior, o director de cinema Duncan Jones, do primeiro matrimonio do seu pai coa actriz Angie Bowie. Tamén ten unha medio irmá maior, Zulekha Haywood, froito do segundo matrimonio da súa nai co xogador da NBA Spencer Haywood.

Lexi Jones recibiu ofertas de traballos como modelo, pero a súa nai rexeitounas, citando a súa propia experiencia, procurando que a filla vivise unha vida privada o maior tempo posíbel. Mostrou interese pola arte dende pequena e recibiu formación dende moi nova, tomando máis en serio ese traballo a partir da adolescencia.

Bowie morreu de cancro de fígado o 10 de xaneiro de 2016, cando a súa filla tiña 15 anos.

Jones manifestouse sobre as súas loitas contra os problemas de saúde mental ao longo da súa vida, mencionando a arte como unha ferramenta para saír de lugares escuros.

Carreira Jones mudouse aos Ánxeles en 2018, onde traballou como fotógrafa e deseñadora de moda. En 2023, lanzou o seu sitio web e lanzou a súa liña de roupa co lema "ALXX".

Música Lanzou a súa primeira canción en 2021 e o seu álbum de estrea, Xandri, en abril de 2025 O álbum recibiu críticas positivas en xeral. The Independent destacou a súa capacidade para deslizarse entre xéneros. Jones reiterou que non estaba a tentar ocupar o lugar do seu pai, senón "atopar a súa propia paz".

Discografía

Xandri (2025), 12 cancións, 47 minutos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Nados en 2000 Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Artistas de Inglaterra Categoría:Artistas dos Estados Unidos de América