Álvaro Núñez Cobo, nado en Bilbao o 7 de xullo de 2000, é un futbolista vasco que xoga na posición de lateral dereito. O seu equipo actual é o Celta de Vigo da Primeira División.
Traxectoria Athletic Club Núñez comezou xogando na base do Club Deportivo Sondika e en 2010 incorporouse ás categorías inferiores do Athletic Club. O 19 de xuño de 2018, tras finalizar a súa formación deportiva, Núñez foi promovido ao segundo filial do Athletic, o Club Deportivo Basconia da Terceira División. O seu debut sénior tivo lugar o 26 de agosto dese ano ante a Sociedad Deportiva Deusto.
En maio de 2019, tras múltiples titularidades co Basconia, Núñez foi asignado ao Bilbao Athletic da Segunda División B. A súa primeira participación tivo lugar o 26 de xaneiro de 2020, cando foi subtituto de Jesús Areso nunha vitoria por 1-0 ante a Cultural y Deportiva Leonesa. Núñez xogou dúas tempadas máis co club vasco e anunciou a súa saída o 8 de xuño de 2022.
Barcelona O 6 de xullo de 2022 anunciouse a fichaxe de Álvaro Núñez polo Fútbol Club Barcelona por un ano, sendo asignado ao Barcelona Atlètic da Primeira Federación. A pesar de ser titular habitual durante a tempada 2022/23, en xuño de 2023 rexeitou unha renovación de contrato co club catalán.
Amorebieta O 14 de xullo de 2023, Núñez pasou a formar parte da Sociedad Deportiva Amorebieta da Segunda División. Núñez debutou como profesional o 21 de agosto dese ano, cando entrou como substituto de Jorge Mier nun partido ante o Albacete Balompié. O 3 de setembro anotou o seu primeiro gol profesional contra o RCD Espanyol.
Elche O 27 de xuño de 2024, tras o descenso do Amorebieta, Álvaro Núñez asinou un novo contrato co Elche Club de Fútbol, tamén na segunda categoría. Durante a tempada 2024/25 sumou un total 2 goles en 37 participacións e contribuíu ao ascenso á Primeira División. O 18 de agosto de 2025 debutou na máxima categoría como titular nun empate por 1-1 ante o Real Betis.
Celta de Vigo O 2 de febreiro de 2026 anunciouse a fichaxe de Núñez polo Celta de Vigo cun contrato de catro anos e medio.
Vida persoal Carlos Núñez Ortega, o pai de Álvaro, tamén foi futbolista nas décadas de 1980 e 1990 e xogou con equipos da Segunda División B como o Bilbao Athletic e a Sociedad Deportiva Lemona.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Álvaro Núñez en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo