Amanda é un filme francés de 2018 dirixido por Mikhaël Hers, coescrito por Hers e Maud Ameline, e protagonizado por Vincent Lacoste, Stacy Martin e Isaure Multrier. Conta a historia de David, un mozo que intenta afrontar a angustia emocional da perda da súa irmá tras un ataque terrorista, á vez que ten que coidar da súa sobriña (Amanda), agora orfa.
Estreouse mundialmente na sección Orizzonti da 75ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 31 de agosto de 2018. Estreouse nos cinemas de Francia o 21 de novembro de 2018 a través de Pyramide Distribution.
Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.
Personaxes Vincent Lacoste como David Stacy Martin como Léna Isaure Multrier como Amanda Ophélia Kolb como Sandrine Marianne Basler como Maud Jonathan Cohen como Axel Greta Scacchi como Alison Bakary Sangaré como neno na casa do director Nabiha Akkari como Raja Raphaël Thiéry como Moïse Claire Tran como Lydia Elli Medeiros como Eve
Notas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Mikhaël Hers Categoría:Filmes de 2018 con versión en galego